Charles Bendire
![]() O maior Charles Bendire | |
Nome orixinal | Charles Emil Bendire |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Karl Emil Bender 27 de abril de 1836 Bad König, Gran Ducado de Hessen e do Rin, Confederación Xermánica |
Morte | 4 de febreiro de 1897 Estados Unidos |
Causa da morte | Enfermidade de Bright |
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington ![]() |
País de nacionalidade | estadounidense |
Actividade | |
Ocupación | Oficial do Exército dos Estados Unidos de América, ornitólogo |
Carreira militar | |
Rango militar | Comandante ![]() |
Conflito | Guerra civil estadounidense Guerras indias ![]() |
O maior Charles Emil Bendire, nado o 27 de abril de 1836 en Bad König, Gran Ducado de Hessen e do Rin, Confederación Xermánica, e finado o 4 de febreiro de 1897 nos Estados Unidos, foi un militar do Exército dos Estados Unidos de América e un notábel ornitólogo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Nacido como Karl Emil Bender en Bad König, Gran Ducado de Hessen e do Rin, era o maior de seis fillos. Bender foi educado na casa até a idade de doce anos, e despois asistiu cinco anos a unha escola de teoloxía en Passy, cerca de París.
Karl abandonou a escola repentinamente e regresou á súa casa e, por consello dun amigo, el e o seu irmán Wilhelm Bender emigraron a Nova York en 1853. Ao chegaren, viron que o Novo Mundo non cumpría coas súas expectativas. Wilhelm Bender pronto navegou cara á súa casa, pero desapareceu ao caer ao mar pola borda do barco.
Carreira militar
[editar | editar a fonte]Despois da partida do seu irmán, Bender alistouse no Exército dos Estados Unidos á idade de dezaoito anos o 10 de xuño de 1854, cambiando o seu nome a Charles Bendire, abandonando o seu segundo nome por completo (aínda que Bendire máis tarde volvería a usar a inicial do seu segundo nome na correspondencia e en notas públicas, o seu nome legal oficial non contiña o segundo nome.
Bendire serviu durante cinco anos como soldado e, posteriormente, como cabo na Compañía D, dos Primeiros Dragóns. Despois de terminar o seu período de servizo, Bendire deixou o exército durante un ano, pero volveu a alistarse o 8 de xuño de 1860, sendo destinado á 4ª compañía de Cabalaría, onde foi sucesivamente administrador privado, sarxento e sarxento 1º, até que foi ascendido a 2º tenente da 2ª compañía de Infantaría o 18 de maio de 1864. Trasladouse ao 1º rexemento de Cabalaría o 9 de setembro de 1864 e, finalmente, foi ascendido a tenente (por "servizos meritorios" na batalla da estación de Trevilian durante a Guerra civil estadounidense), e despois a capitán, e logo a comandante (maior). Retirouse do exército o 24 de abril de 1886, por discapacidade contraída para o cumprimento do deber.
Ornitoloxía
[editar | editar a fonte]Inicialmente enviou cartas que conteñan as súas observacións ornitolóxicas a naturalistas estadounidenses como Joel A. Allen, Thomas M. Brewer, Elliott Coues e Robert Ridgway, que as publicarían en revistas científicas como o Bulletin of the Nuttall Ornithological Club e The American Naturalist. Porén, en 1877, comezou a publicar artigos baixo o seu propio nome.
A colección privada de 8 000 ovos de Bendire formou a base da colección de ovos na Smithsonian Institution, entón coñecida como U.S. National Museum, en Washington, D.C.[1] Fixo novos descubrimentos sobre os hábitos de migración de varias aves e descubriu varias especies novas, entre elas Toxostoma bendirei.
En 1872, mentres patrullaba no centro de Arizona, comunicouse que Bendire arrebatou un ovo da rapaz Buteo albonotatus dun niño para a súa colección mentres estaba baixo o fogo dun explorador apache e asegurouno na súa boca até que puido regresar ao campamento.[2] Díxose que rompeu un dente da súa boca a intentar extraer o ovo, debido ao seu gran tamaño.[3]
Tamén publicou unha descrición temperá do Lost River sucker, hoxe coñecido como Deltistes luxatus, na revista Forest and Stream, mentres estaba destinado en Fort Klamath no centro-sur de Oregón.[4] Neste artigo subministra descricións dos peixes reprodutores e dos indios modoc que capturaban estes peixes nun importante caladoiro de pesca ao longo do río Perdido (California).
Morte
[editar | editar a fonte]Bendire faleceu a causa da enfermidade de Bright á idade de 60 anos.[5]
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]- A especie Toxostoma bendirei, paseriforme da familia dos mímidos, foi así denominada na súa honra.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Bendire emprégase para recoñecer a Charles Bendire como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Charles E. Bendire (1836-1897)". Smithsonian National Museum of Natural History, Dept. of Vertebrate Zoology, Division of Birds. Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ Patterson, Michael Robert. "Charles Bendire, Major, United States Army". Arlington Natoional Cemetery Website. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2013. Consultado o 16 de marzo de 2013.
- ↑ No Such Thing As A Fish (17-03-218). "[No Such Thing As A Fish] Episode 208: No Such Thing As A Female Egg Thief". Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ Bendire, Chas. E. "The Lost River sucker". Forest and Stream. Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael (2003). Whose Bird? Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven, London: Yale University Press. pp. 47-48. ISBN 0-300-10359-X. LCCN 2003113608.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Charles Emil Bendire Papers, 1887-1894 from the Smithsonian Institution Archives.
- Merrill, J.C. In Memoriam: Charles Emil Bendire. The Auk, Jan. 1898, v. 15, no. 1. pp. 1–6.
- Obras de e sobre Charles Bendire en WorldCat.