Charles Norbert Roëttiers
Biografía | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 15 de agosto de 1720 París, Francia | ||||||||||
Morte | 19 de novembro de 1772 (52 anos) París, Francia | ||||||||||
Cargos | |||||||||||
Gravador xeral de moedas de Francia | |||||||||||
Período | 1753 – 1772 | ||||||||||
Antecesor | Joseph Charles Roëttiers | ||||||||||
Sucesor | Joseph Charles Roëttiers | ||||||||||
Actividade | |||||||||||
Lugar de traballo | París | ||||||||||
Ocupación | orfebre, medallista, prateiro | ||||||||||
Membro de | |||||||||||
Familia | |||||||||||
Pai | Joseph Charles Roëttiers | ||||||||||
Descrito pola fonte | Allgemeines Künstlerlexikon (pt) , (p.vol. 99 (2018), p. 236) | ||||||||||
Lista
|
Charles Norbert Roëttiers, nado en París o 15 de agosto de 1720 e finado na mesma cidade o 19 de novembro de 1772, foi un medallista e deseñador de moeda francés, o décimo segundo en ocupar o posto de gravador xeral de moeda de Francia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Charles Robert Roëttiers pertencía a unha ampla familia de gravadores, prateiros e ourives franceses, de orixe flamenga.[2][3] Era fillo de Joseph Charles Roëttiers (1691-1779), de quen aprendeu a arte do gravado da medalla e a moeda, e neto de Joseph Roëttiers (1635-1703).[4][5]
En 1753 foi nomeado gravador xeral de moedas de Francia, posto no que foi o sucesor do seu pai. No entanto, logo do falecemento de Charles Norbert en 1772, foi novamente o seu pai quen reasumiu o posto interinamente, ata 1774, cando lle foi cedido a un novo titular, Pierre Simon Benjamin Duvivier.[9]
Desde 1759 ata a súa morte foi tamén gravador particular de moedas e medallas do rei na Monnaie de París.[5]
Charles Robert foi un asiduo participante nos Salóns de París, onde amosou as súas medallas e outras creacións, nas edicións de 1753, 1761, 1765, 1769 e 1771.[9]
As formas máis habituais de asinar as súas moedas e medallas foron: C. N. R. ou ROETTIERS FILIUS ou ROETT. FILIUS ou ROETTIERS FIL. ou ROETT. FIL. ou R. FIL. ou R. F. ou C. N. ROETTIERS FILIUS.[10]
Charles Robert Roëttiers foi admitido como membro da Real Academia de Pintura e Escultura o 31 de decembro de 1764, en recoñecemento a unha medalla da súa creación que representaba a fraternidade entre ambas as artes, coa lenda AMICAE QUAMVIS AEMULAE.[4][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Charles Norbert Roettier". The British Museum.
- ↑ Rodot, N. (1904). Páxina 110.
- ↑ Forrer, L. (1916). "Geneological table of tyhe Roëttiers Family". Páxina 176 bis.
- ↑ 4,0 4,1 Bellier de La Chavignerie, E. (1885).
- ↑ 5,0 5,1 Forrer, L. (1916). Páxina 151.
- ↑ Les Médailles de L'Ancienne Collection Royale. Administration des Monnaies et Médailles, París. 1900. Nº 158. Páxina 5 e lámina XVIII.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxina 153.
- ↑ "1 Écu - Louis XV". Numista.com
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Forrer, L. (1916). Páxina 152.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxinas 153-155.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française. Pillet Fils, París.
- Bellier de La Chavignerie, E. (1885). "Roettiers (Charles-Norbert) ". En Dictionnaire général des artistes de l'École française depuis l'origine des arts du dessin jusqu'à nos jours: architectes, peintres, sculpteurs, graveurs et lithographes. Tomo 2. Renouard, París. Páxinas 405.
- Forrer, L. (1916). "Roettiers, Charles-Norbert". Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 5. Spink & Son. Londres. Páxinas 151-155.
- Rodot, N. (1904). Les médailleurs et les graveurs de monnaies, jetons et médailles en France. Leroux, París.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Joseph Charles Roëttiers |
Gravador xeral de moedas de Francia 1753 - 1772 |
Sucesor: Joseph Charles Roëttiers |