Joseph Charles Roëttiers
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1691 París, Francia |
Morte | 14 de marzo de 1779 (87 anos) París, Francia |
Cargos | |
Gravador xeral de moedas de Francia | |
Período | 1727 – 1753 |
Antecesor | Norbert Roëttiers |
Sucesor | Charles Norbert Roëttiers |
Período | 1772 – 1774 |
Antecesor | Charles Norbert Roëttiers |
Sucesor | Pierre Simon Benjamin Duvivier |
Actividade | |
Lugar de traballo | París (1770–1779) |
Ocupación | medallista, prateiro, orfebre, deseñador |
Familia | |
Fillos | Charles Norbert Roëttiers |
Pai | Joseph Roettiers |
Joseph Charles Roëttiers, nado en París o 13 de abril de 1691 (ou 1692)[1] e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1779, foi un gravador de moeda e medallista francés, o undécimo en ocupar o posto de gravador xeral de moedas de Francia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Joseph Charles pertencía a unha ampla familia de gravadores, prateiros e ourives franceses, de orixe flamenga.[2][3] Era fillo de Joseph Roëttiers (1635-1703) e de Hélène Stonehouse.[4] Tanto o seu pai como o seu curmán, Norbert Roëttiers (1666-1727), foron antecesores seus no cargo de gravador xeral e amosáronlle a arte do gravado da medalla.[5] Pola súa banda, o seu fillo Charles Norbert Roëttiers (1720-1772) sucedeuno como gravador xeral.[6][7]
Xa en 1711, Joseph Charles Roëttiers acadou o segundo Premio de Roma de Escultura,[9] outorgado polas academias francesas, e o 31 de decembro de 1717 ingresou na Real Academia de Pintura e Escultura, da que foi conselleiro en 1748.[6][10][5]
Antes de ser designado como gravador xeral de moedas de Francia o 18 de xuño de 1727, xa fora nomeado en 1715 como gravador de moedas do rei e en 1720 como gravador particular de moedas e medallas do rei, con residencia na Casa da Moeda.[6][11] Ocupou o posto de gravador xeral ata que en 1753 llo cedeu ao seu fillo Charles Norbert, aínda que entre 1772 e 1774 volveu ocupalo interinamente logo do falecemento do fillo e ata o nomeamento do seu sucesor definitivo, Pierre Simon Benjamin Duvivier.[10]
Joseph Charles Roëttiers foi un asiduo participante nos Salóns de París entre 1737 e 1775, onde expuña as súas medallas e outros traballos, como proxectos e retratos de personalidades.[13]
As sinaturas coas que Roëttiers marcaba adoito as moedas e medallas da súa creación foron: J. C. Roettiers. f. ou C. Roettiers ou J C R ou I·CROETTIERS ou I C ROETT· ou ICR ou ROETTIERS.[6][14]
Vida familiar
[editar | editar a fonte]En 1715 casou coa súa primeira esposa, Catherine Hérault (finada en 1753), con quen tivo dúas fillas e dous fillos, entre eles o gravador Charles Norbert Roëttiers. Logo do falecemento desta, casou en segundas nupcias en 1753 coa súa parente Jeanne Hermant.[6][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Non está claro se o ano de nacemento é 1691 ou 1692. Nas fontes consultadas, as referencias son: Rodot: 1691; BnF Data: 13-04-1691; Forrer: 1691 ou 1692; Barre: 1692; Bellier de La Chavignerie: 13-04-1692; Deutsche Biographie: 1692.
- ↑ Rodot, N. (1904). Páxina 110.
- ↑ Forrer, L. (1916). "Geneological table of tyhe Roëttiers Family". Páxina 176 bis.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxina 178.
- ↑ 5,0 5,1 Bellier de La Chavignerie, E. (1885). Páxina 404.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Rodot, N. (1904). Páxina 110.
- ↑ "Roëttiers (Roettier; Rottiers; Rottier)". En Allgemeine Künstlerlexikon. Vol. 99.
- ↑ "1 Louis d'Or - Louis XV". Numista.com
- ↑ Rodot, N. (1904). Páxina 66.
- ↑ 10,0 10,1 Barre, A. (1867). Páxina 10.
- ↑ 11,0 11,1 Forrer, L. (1916). Páxina 179.
- ↑ "1 Écu - Louis XV". Numista.com
- ↑ Barre, A. (1867). Páxinas 10-11.
- ↑ Forrer, L. (1916). Páxinas 179-181.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joseph Charles Roëttiers |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française. Pillet Fils, París.
- Bellier de La Chavignerie, E. (1885). "Roettiers, (Joseph-Charles) ". En Dictionnaire général des artistes de l'École française depuis l'origine des arts du dessin jusqu'à nos jours: architectes, peintres, sculpteurs, graveurs et lithographes. Tomo 2. Renouard, París. Páxinas 404-405.
- Forrer, L. (1916). "Roettiers, Joseph-Charles". Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 5. Spink & Son. Londres. Páxinas 178-182.
- Jouin, H. (1894). "Joseph-Charles Roëttiers". En Nouvelles archives de l'art français. Tomo X. Páxinas 66-89, 117-184
- Rodot, N. (1904). Les médailleurs et les graveurs de monnaies, jetons et médailles en France. Leroux, París.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Norbert Roëttiers |
Gravador xeral de moedas de Francia 1727 - 1753 |
Sucesor: Charles Norbert Roëttiers |
Predecesor: Charles Norbert Roëttiers |
Gravador xeral de moedas de Francia 1772 - 1774 |
Sucesor: Pierre Simon Benjamin Duvivier |