Charles Rupert Stockard
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1879 condado de Washington, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 7 de abril de 1939 (60 anos) |
Educación | Weill Cornell Medicine (en) - Doutor en filosofía, zooloxía Universidade Columbia |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, anatomista |
Membro de |
Charles Rupert Stockard, nado en Stoneville (Mississippi) o 27 de febreiro de 1879 e finado o 7 de abril de 1939, foi un anatomista e zoólogo estadounidense.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1906 entrou a formar parte do Departamento de Anatomía do Cornell Medical College. Converteuse en profesor de anatomía en 1911.[1] Foi o presidente da Asociación Americana de Anatomistas (1928–1930).[2] Estudou zooloxía nas clases de Thomas Hunt Morgan.[3] Recibiu o seu doutoramento (PhD) en zooloxía na Universidade de Columbia en 1906.[1] Pasou anos realizando experimentos sobre os efectos do alcohol sobre as células xerminais, embrións e a descendencia.[1] Comprobou os efectos da intoxicación alcohólica sobre os fillos de coellas de Indias preñadas. Descubriu que unha intoxicación alcohólica repetida nas coellas de Indias producía defectos e malformacións nos seus fillos que, segundo el, se transmitían a dúas ou máis xeracións posteriores. Os seus resultados foron postos en dúbida polo biólogo Raymond Pearl, que realizou os mesmos experimentos con polos.[4] Pearl descubriu que a descendencia dos polos que foran expostos ao alcohol non era defectuosa senón sa. El atribuíu os seus descubrimentos aos efectos prexudiciais do alcohol soamente sobre as células ovo e espermatozoides que xa eran débiles; as células ovo e espermatozoides fortes non eran afectados pola intoxicación alcohólica. Pearl argumentou que os seus resultados tiñan unha explicación darwinista e non lamarckista.[4]
Outros experimentos polémicos de Stockard foron producir teratoloxía en fetos ao inducirlles hipoxia ás nais.[5]
Foi o director editorial do American Journal of Anatomy e o coeditor do Journal of Experimental Zoology.[6] Stockard foi elixido membro da National Academy of Sciences dos Estados Unidos en 1922 e da American Philosophical Society en 1924.[7][8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Hormones and Structural Development (1927)
- The Physical Basis of Personality (1931)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "The Charles Rupert Stockard, PHD (1879–1939) Papers". Medical Center Archives of New York-Presbyterian/Weill Cornell.
- ↑ "Stockard, Charles Rupert". Bull N Y Acad Med 15 (6): 423. 1939. PMC 1911405.
- ↑ Garraty, John Arthur; Carnes, Mark Christopher. (1999). American National Biography, Volume 20. Oxford University Press. p. 804
- ↑ 4,0 4,1 Blumberg, Mark S. (2010). Freaks of Nature: And What They Tell Us about Evolution and Development. Oxford University Press. pp. 69–70. ISBN 978-0-19-921306-1
- ↑ Macorini, Edgardo. (1988). The History of Science and Technology: 1900–1970. Facts on File. p. 564
- ↑ Hinsey, Joseph C. (1940). Professor Charles Rupert Stockard. The Anatomical Record. 76: 1–7.
- ↑ "Charles Stockard". www.nasonline.org. Consultado o 2023-08-24.
- ↑ "APS Member History". search.amphilsoc.org. Consultado o 2023-08-24.