Charlie's Country
Charlie's Country | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Charlie's Country |
Director | Rolf de Heer |
Produtor | Rolf de Heer Peter Djigirr Nils Erik Nielsen |
Guión | Rolf de Heer David Gulpilil |
Intérpretes | David Gulpilil Luke Ford |
Música | Graham Tardif |
Fotografía | Ian Jones |
Montaxe | Tania Nehme |
Estrea | Festival de Adelaide: 12 de outubro de 2013 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Australia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Charlie's Country é un filme australiano dirixido por Rolf de Heer que se estreou no ano 2013. Foi rodado en linguas yolŋu e en inglés. Foi escollido para competir na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cine de Cannes de 2014[1] no que David Gulpilil gañou o premio ó mellor actor.[2] Tamén foi proxectado na sección Contemporary World Cinema do Festival de Toronto[3] e foi premiado co premio de Mellor Ficción no Festival Internacional do Foro en Dereitos Humanos (FIFDH) en Xenebra.[4]
Foi escollido como candidato australiano na categoría de mellor filme en lingua non inglesa na 87ª edición dos Oscar, pero non saíu nomeado.[5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Charlie, un home aborixe que vive na Terra de Arnhem, pinta nas codias das árbores e pesca barramundi, mais séntese fóra de lugar nunha Australia que xa non lle pertence.[6] Láiase da perda da súa cultura na moderna Australia. Despois de que a súa lanza de caza é confiscada pola policía por considerala unha arma, decide deixar a súa comunidade aborixe e marcha ó bosque.[6] Cae enfermo e é levado a un hospital en Darwin.[6] Pouco despois, faise amigo dunha muller para a que merca bebidas alcohólicas ilegalmente, motivo polo cal é arrestado.[6] Por mor diso, é enviado ó cárcere.[6] Finalmente, accede a ensinar as danzas tradicionais á seguinte xeración de mozos aborixes, temendo pola desaparición da súa identidade cultural.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- David Gulpilil como Charlie
- Peter Djigirr como Black Pete
- Luke Ford como Luke
- Jennifer Budukpuduk Gaykamangu como Faith
- Peter Minygululu como Old Lulu
- Ritchie Singer como Doutor de Darwin
- Gary Sweet como Dono da tenda de licores de Darwin
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cannes (ed.). "2014 Official Selection". Consultado o 18 de abril de 2014.
- ↑ "Un Certain Regard 2014 Awards". Festival de Cannes 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014.
- ↑ Indiewire (ed.). "TIFF Adds 'Clouds of Sils Maria' and 'Two Days, One Night,' Reveals 5 More Lineups". Consultado o 28 de agosto de 2014.
- ↑ tdg.ch/ (ed.). "Festival : Le FIFDH s’est achevé sur une affluence record - Culture - tdg.ch". Consultado o 22 de novembro de 2015.
- ↑ Hollywood Reporter (ed.). "Oscars: Australia Selects 'Charlie's Country' for Foreign-Language Category". Consultado o 1 de outubro de 2014.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Jane Howard, Charlie's Country review — slow indictment of a colonialist relationship, The Guardian, 15 de outubro 2013
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Australia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 87ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Charlie's Country na IMDb (en inglés).