Chen Jingrun
Chen Jingrun (en chinés tradicional: 陳景潤; en chinés simplificado: 陈景润; pinyin: Chén Jǐngrùn; Wade-Giles: Ch'en Ching-jun), nado o 22 de maio de 1933 en Minhou e finado o 19 de marzo de 1996 en Pequín, foi un matemático chinés que fixo importantes contribucións á teoría de números.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Chen foi o terceiro fillo dunha familia numerosa de Fuzhou, Fujian, China. O seu pai era carteiro. Chen Jingrun graduouse no Departamento de Matemáticas da Universidade de Xiamen en 1953. O seu asesor na Academia Chinesa das Ciencias foi Hua Luogeng.
Investigación
[editar | editar a fonte]O seu traballo sobre os números primos xemelgos, o problema de Waring, a conxectura de Goldbach e a conxectura de Legendre conduciu ao progreso da teoría analítica de números. Nun artigo de 1966 demostrou o que agora se chama o teorema de Chen: cada número par suficientemente grande pode ser escrito como a suma dun número primo e un semiprimo (o produto de dous primos), por exemplo: 100 = 23 + 7x11.
Homenaxes
[editar | editar a fonte]O asteroide 7681 Chenjingrun leva o seu nome.
En 1999, China emitiu un selo postal de 80 céntimos denominado O mellor resultado da conxectura de Goldbach, cunha silueta de Chen e a desigualdade:
Varias estatuas na China foron construídas en memoria de Chen. Na Universidade de Xiamen, os nomes de Chen e doutros catro matemáticos (Peter Gustav Lejeune Dirichlet, Matti Jutila, Yuri Linnik e Pan Chengdong) están inscritos nunha lápida de mármore detrás da estatua de Chen.