Chesús Yuste
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1963 (60 anos) Zaragoza, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
29 de novembro de 2011 – 2 de xullo de 2014 – Álvaro Sanz Remón → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Zaragoza Electo en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
Deputado nas Cortes de Aragón | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Zaragoza |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | escritor, político |
Partido político | Chunta Aragonesista |
Chesús Yuste Cabello, nado en Zaragoza, 6 de decembro de 1963, é un escritor e político nacionalista aragonés, membro de Chunta Aragonesista, do que chegou a ser secretario xeral. Foi deputado pola provincia de Zaragoza tanto nas Cortes de Aragón como no Congreso dos Deputados.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado e criado na cidade de Zaragoza, logo de rematar os seus estudos secundarios no colexio La Salle-Gran Vía da capital aragonesa, cursou a carreira de Historia e Xeografía na Universidade de Zaragoza, onde se licenciou na materia. Traballou como técnico en comunicación.[1]
Actividade política
[editar | editar a fonte]De profundas ideas aragonesistas e progresistas, participou xunto a un centenar de persoas na fundación do partido político Chunta Aragonesista (CHA) o 29 de xuño de 1986. Encabezou a candidatura do seu partido pola provincia de Zaragoza nas eleccións ao Congreso dos Deputados de 1993, conseguindo uns resultados que lle impediron ser elixido, pero que duplicaban os que conseguira o partido en 1989. Tras asumir diversas responsabilidades internas, a IV Asemblea Nacional de CHA de xaneiro de 1995 elixiuno vicesecretario xeral. Uns meses máis tarde, nas eleccións a Cortes de Aragón de 1995, foi elixido como un dos dous primeiros representantes da Chunta nas Cortes, cargo que revalidaría sucesivamente nas eleccións de 1999, 2003 e 2007.[2][3][4][5][6]
A V Asemblea Nacional de 1998 designouno secretario xeral, cargo que desempeñou até a VI Asemblea de 2001. Foi precisamente durante o seu mandato cando o partido conseguiu entrar por primeira vez no Congreso ó resultar elixido deputado José Antonio Labordeta nas eleccións de 2000.[3][3][7][8]
Nas eleccións rexionais de 2011 non se presentou como candidato, pondo así fin a un dilatado período de 16 anos como representante no parlamento aragonés. Porén, poucos meses máis tarde volveu encabezar a candidatura provincial nas eleccións ao Congreso dos Deputados de 2011, esta vez formando CHA coalición con Esquerda Unida. Nesta ocasión si conseguiu ser elixido para a décima lexislatura, aínda que o pacto entre as dúas formacións estabelecía que debía renunciar ó cargo ó cabo de 31 meses en favor do segundo candidato e membro de Esquerda Unida, Álvaro Sanz. Dentro do Congreso, integrouse no grupo parlamentario da Esquerda Plural, formado polos representantes de Esquerda Unida, Iniciativa por Cataluña Verdes e Chunta Aragonesista. A súa intensa actividade parlamentaria motivou que diversos medios lo sinalasen como «o deputado máis activo».[9][10][11][12][13][14]
Entre as súas moitas actividades como deputado estivo a de ser membro e coordinador da Asociación Parlamentaria en Defensa dos Animais (APDDA), unha organización que integra a parlamentarios de diferentes forzas políticas preocupados pola protección dos animais. Entre as diversas iniciativas expostas está a proposta de retirar a categoría de Festa de Interese Turístico Nacional ó Torneo do Touro de la Vega.[15]
Yuste renunciou á súa acta de deputado en xullo de 2014 en virtude do pacto electoral asinado polo seu partido con Esquerda Unida. A súa despedida da cámara viu como unha parte da súa última moción era apoiada polo Congreso por unanimidade.[16]
A súa longa traxectoria desempeñando tantos cargos internos como electos converteuno nun dos líderes máis representativos da Chunta Aragonesista.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La representación aragonesa en el Congreso". 20 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2011. Consultado o 15 de outubro de 2011.
- ↑ Chunta Aragonesista. "Consolidación del aragonesismo de izquierdas (1991-1999)". Consultado o 20 de agosto de 2012.
CHA duplica sus resultados en las elecciones generales del 6 de junio de 1993, con Chesús Yuste Cabello como cabeza de lista
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Los partidos de ámbito no estatal en Aragón".
- ↑ Chunta Aragonesista. "Consolidación del aragonesismo de izquierdas (1991-1999)". Consultado o 20 de agosto de 2012.
La IV Asambleya Nazional (Aragón crece con nosotros), celebrada en Zaragoza del 13 al 15 de enero de 1995, supone la elección de Bizén Fuster Santaliestra como Presidente, que completa su equipo con Chesús Bernal Bernal en la Secretaría General y Chesús Yuste Cabello en la Vicesecretaría General
- ↑ Chunta Aragonesista. "Consolidación del aragonesismo de izquierdas (1991-1999)". Consultado o 20 de agosto de 2012.
en las elecciones del 28 de mayo, CHA obtiene representación en las principales instituciones aragonesas, logra dos escaños en las Cortes de Aragón (ocupados por Chesús Bernal Bernal y Chesús Yuste Cabello)
- ↑ Cortes de Aragón. "Ficha personal de Chesús Yuste Cabello". Consultado o 20 de agosto de 2012.
- ↑ Chunta Aragonesista. "Consolidación del aragonesismo de izquierdas (1991-1999)". Consultado o 20 de agosto de 2012.
Chesús Bernal Bernal es sustituido por Chesús Yuste Cabello como Secretario General
- ↑ "Chunta Aragonesista (CHA)". 29 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 15 de setembro de 2013.
- ↑ N. Asín (19 de decembro de 2010). "Ibeas y Martín lideran la renovación total de CHA en las listas de las Cortes y Zaragoza". Consultado o 15 de outubro de 2012.
No repetirán ni Chesús Bernal ni Chesús Yuste en el Parlamento
- ↑ P.P.A. (12 de febreiro de 2012). "Chesús Yuste (La Izquierda Plural / CHA): "Se sigue más lo que hago aquí que lo que hice 16 años en las Cortes"". Consultado o 15 de outubro de 2012.
- ↑ Alfredo Maluenda (20 de novembro de 2011). "La Izquierda de Aragón celebra su escaño por todo lo alto". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2012. Consultado o 15 de outubro de 2012.
- ↑ Vera Gutiérrez Calvo (15 de decembro de 2011). "IU aplaca a sus socios de grupo y Llamazares avisa: “No me callaré”". Consultado o 15 de outubro de 2012.
- ↑ "Chesús Yuste, el diputado más activo en el Congreso". La Vanguardia. 27 de xullo de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2013.
- ↑ "Chesús Yuste, el diputado más activo en el Congreso". ABC. 28 de xullo de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2013.
- ↑ "Chesús Yuste se sumará a protesta contra el Toro de la Vega". El Periódico de Aragón. 12 de setembro de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2013.
- ↑ "El Congreso despide a Chesús Yuste, que cede su escaño en virtud del pacto CHA-IU". El Periódico de Aragón. 26 de xuño de 2014. Consultado o 7 de setembro de 2014.
- ↑ "Chunta Aragonesista (CHA)". 29 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 25 de agosto de 2012.