Chilares
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1949 (75 anos) Lugo, España |
Altura | 185 cm |
Peso | 85 kg |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Deporte | piragüismo |
Participou en | |
1968 | Xogos Olímpicos de 1968 |
Ángel Villar Varela, máis coñecido como Chilares, nado o 16 de setembro de 1946, é un piragüista galego. Participou nos Xogos Olímpicos de 1968 na Cidade de México.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a practicar piragüismo de neno, ao probar unha piragua de madeira feita por un carpinteiro da Tinería, amigo de seu avó.[1] Pouco despois entrou no Club Fluvial de Lugo.[2] Foi campión de Galicia e campión de España e en 1967 gañou tanto o Descenso Internacional do Miño como a primeira edición do Descenso do Eume, facendo parella en ambos casos con Manuel Pérez.[1]
Ao ano seguinte, con 22 anos, participou nos Xogos Olímpicos de 1968 en Cidade de México.[3] Fíxoo na proba de K4 1000 metros, formando equipo co ribadense Pedro Cuesta, o sevillano Gerardo López e o madrileño José Perurena, pero non conseguiron meterse nas semifinais.[4]
Tralos Xogos continuou gañando diferentes probas como o Descenso Internacional do Miño, que gañou por segunda vez en 1971, xunto a Pedro Cuesta, ou o Descenso Internacional do Sella, no que logrou a vitoria en 1985 xunto a Ramos Misioné.[5] En 1992 gañou a 25ª edición do Descenso do Eume, un cuarto de século despois de gañar a edición inaugural, e no 2017 disputou tamén a 50ª edición, xunto a Tito Valledor.[1] En 2019 proclamouse en Sevilla campión de España de veteranos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 de Cora, José (22 de outubro de 2019). "Ángel Villar Varela". El Progreso (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021.
- ↑ Bran, Vanesa (12 de abril de 2019). "Nacido para remar". El Progreso (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021.
- ↑ "Nueve gallegos en la Olimpiada". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 1968. p. 16.
- ↑ "Resultados Cidade de México 1968" (PDF). la84foundation.org (en inglés). pp. 203–204. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2021.
- ↑ Bango, Mario (4 de agosto de 1985). "Misioné y Chilares ganan el descenso del Sella". El País (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2021.