Saltar ao contido

Chiquinha Gonzaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaChiquinha Gonzaga

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt-br) Francisca Edwiges Neves Gonzaga Editar o valor en Wikidata
17 de outubro de 1847 Editar o valor en Wikidata
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte28 de febreiro de 1935 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesChiquinha Gonzaga Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPardo brasileiro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositora , pianista , directora de orquestra , activista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoChoro (música) e marchinha de carnaval Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0327422 Youtube: UCVuj9yQel_52jZzmwZmTn1g BNE: XX1779975 Spotify: 1G2X6LW9ycLvwEr5Q2oDdX Musicbrainz: 58a0070e-9ae9-44f2-b63a-af0c61999d84 Discogs: 1176889 IMSLP: Category:Gonzaga,_Chiquinha Editar o valor en Wikidata

Francisca Edwiges Neves Gonzaga, máis coñecida como Chiquinha Gonzaga, nada o 17 de outubro de 1847 en Río de Xaneiro (Brasil) e finada na mesma cidade o 28 de febreiro de 1935, foi unha compositora, pianista, así como a primeira directora de orquestra brasileira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Chiquinha Gonzaga naceu o 17 de outubro de 1847 na cidade de Río de Xaneiro, daquela capital do Imperio do Brasil, filla de José Basileu Neves Gonzaga, un militar procedente dunha familia ilustre no Imperio, e a súa liberta Rosa, que era filla de escrava.[1]

Ao longo da súa vida Chiquinha Gonzaga compuxo en numerosos xéneros musicais, moitos deles creados a finais do século XIX na súa cidade natal. Entre os xéneros que cultivou poden citarse o batuque, o choro, a samba, o maxixe ou tango brasileiro, así como numerosos valses e polcas, e cinco marchas de carnaval.[2]

  1. "Biografia" (en portugués). Acervo Digital Chiquinha Gonzaga. Consultado o 15 de setembro de 2024. 
  2. Justino, Giselle (2023). "Amúsica sacra de Chiquinha Gonzaga". Comparative Cultural Studies - European and Latin American Perspectives (en portugués). ISSN 2531-9884. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]