Cholpon-Ata
Чолпон-Ата (ky) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Kirguizistán | ||||
Subdivisões (pt) | Rexión de Isiq-Köl | ||||
District of Kyrgyzstan (en) | Issyk-Kul District (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 11.520 (2003) | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 1.633,4 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 715622 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | cholpon-atacity.kg… |
Cholpon-Ata (en lingua kirguiz: Чолпон-ата, pronunciado [tʃolponɑtɑ́], literalmente Pai de Venus, o nome dun espirito protector mitolóxico) é unha cidade na costa do lago Issyk-Kul, no Kirguizistán cunha poboación que rolda os 12 000 habitantes. É o centro administrativo do Distrito de Issyk Kul da Rexión Issyk Kul; este distrito ocupa a meirande parte da costa do lago. No oeste da cidade atópase Tamchy e no leste Bosteri.
Turismo
[editar | editar a fonte]A cidade ten numerosos grandes e pequenos spas, hoteis e pensións para acomodar os moitos visitantes que van ao lago no verán. Durante a era soviética foi unha cidade moi frecuentada por turistas de todas as partes da URSS. Na actualidade, a maioría dos turistas proceden principalmente do Kirguizistán, Kazakhstán e Uzbekistán. Hai un bo museo local e un lugar a ceo aberto que ten 2000 petroglíficos datados dende o 800 AEC até o 1200 EC.[1]
Foi sede dos Xogos Mundiais Nómades nas dúas primeiras edicións, nos XMN 2014 e nos XMN 2016.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hermann, Luc (2010). Les pétroglyphes de Tcholpon-Ata. París.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cholpon-Ata |