Christian Gottfried Daniel Nees von Esenbeck
(1855) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1776 Schloss Reichenberg, Alemaña (en) |
Morte | 16 de marzo de 1858 (82 anos) Wrocław, Polonia |
País de nacionalidade | alemá |
Formación profesional | Doutor en Medicina |
Educación | Universidade de Jena Universidade de Giessen |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Lugar de traballo | Bonn |
Ocupación | naturalista, botánico e zoólogo |
Empregador | Universidade de Erlangen Universidade de Bonn Universidade Humboldt de Berlín |
Membro de | |
Alumnos | Ferdinand Cohn |
Lingua | alemán, latín |
Obra | |
Doutorando | Joseph Gerhard Zuccarini |
Abreviación dun autor en botánica | Nees |
Familia | |
Fillos | Friedrich Nees von Esenbeck, Karl Heinrich August Theodor Nees von Esenbeck |
Pai | Johann Conrad Nees |
Irmáns | Theodor Friedrich Ludwig Nees von Esenbeck |
Premios | |
Membro da Academia Leopoldina | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie Biblioteca dixital BEIC |
Sitio web | nees-von-esenbeck.de |
Christian Gottfried Daniel Nees von Esenbeck, tamén coñecido polo seu nome latinizado, Christianus Godofredus Nees ab Esenbeck, nado o 14 de febreiro de 1776 en Erbach, daquela unha aldea do Odenwaldkreis, no sur de Hessen, e finado o 16 de marzo de 1858 en Breslau, actualmente Wrocław, Polonia, foi un botánico alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nees von Esenbeck, despois de conseguir o seu doutoramento en medicina en 1800, foi profesor de botánica na Universidade de Erlangen en 1818, despois na Universidade de Bonn en 1819 e, finalmente na de Berlín, desde 1848.
Nees dirixiu o Xardín botánico de Erlangen, e despois fundou e dirixiu o Xardín Botánico de Bonn (de 1818 a 1830).
En 1816 foi elixido membro da Academia Leopoldina, unha das máis prestixiosas Sociedades científicas de Europa, da que, en 1818, foi nomeado presidente, posto que conservou até a súa morte.
Estudou especialmente as algas de auga doce e os cogomelos.
En 1848 implicouse na vida política do seu país e, debido á súa oposición ao goberno, este destituíno do seu posto de profesor e retiroulle a súa pensión, polo que morreu na pobreza.
Obras
[editar | editar a fonte]- Beobachtungen und betrachtungen auf dem gebiete des lebens-magnetismus Bremen: C. Schünemann, 1853
- Die allgemeine Formenlehre der Natur 1852
- Synopsis hepaticarum" (con Carl Moritz Gottsche und Johann Lindenberg 1844-1847
- De Cinnamomo disputatio 1843
- Florae Africae australioris illustration monographicae Gramineae 1841
- Die Naturphilosophie 1841
- Adjecta est Lepidagathidis, generis ex Acanthacearum ordine, illustratio monographica Vratislaviae ad Viadrum [Breslau]: Grassii, Barthii, 1841
- Naturgeschichte der europäischen Lebermoose" en "Erinnerungen aus dem Riesengebirge" 1833-38, 4 v.
- Systema Laurinarum 1836
- Hymenopterorum Ichneumonibus affinium monographiae 1834, 2 v.
- Algae, lichenes, hepaticae, na obra de Carl Friedrich Philipp von Martius Flora Brasiliensis I, pt. 1 Stuttgartiae et Tubingae: Sumptibus J.G. Cottae, 1833
- Genera et species Asterearum 1833
- Genera et species Asterearum 1833
- Agrostologia brasiliensis, seu descriptio graminum in imperio Brasiliensi huc usque detectorum 1829
- Bryologia germanica" (en Hornschuch und Sturm 1823-31, 2 v. e 43 cap.
- Elenchus Plantarum Horti Botanici Bonnensis (con Theodor Friedrich Ludwig Nees von Esenbeck) (1820) [1]
- Vorlesungen zur Entwickelungsgeschichte des magnetischen Schlafs und Traums 1820
- Handbuch der Botanik. Schrag, Nürnberg 1820 (v. 1–2) Universitäts- und Landesbibliothek Düsseldorf
- Archiv für den thierischen magnetisums ... 1 Altenburg-Leipzig, F. A. Brockhaus [...] 1817
- Das System der Pilze und Schwämme 2 v. 1816á
- System der spekulativen Philosophie v. 1
- Die Algen des süßen Wassers, nach ihren Entwickelungsstufen dargestellt" 1814
Honores
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]- (Bombacaceae) Esenbeckia Blume[1]
- (Rutaceae) Esenbeckia Kunth[2]
- (Acanthaceae) Neesiella Sreem.[3]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Nees emprégase para recoñecer a Christian Gottfried Daniel Nees von Esenbeck como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Christian Gottfried Daniel Nees von Esenbeck |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Christian Gottfried Daniel Nees von Esenbeck |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bohley, Johanna (2003): Christian Gottfried Daniel Nees von Esenbeck: ein Lebensbild. Stuttgart: Wissenschaftl. VG. ISBN 3-8047-2075-7.
- Engelhardt, Dietrich von, Hrsg. (2004): Christian Gottfried Nees von Esenbeck: Politik und Naturwissenschaft in der ersten Hälfte des 19. Jahrhunderts. Stuttgart: Wissenschaftl. VG. ISBN 3-8047-2153-2.