Saltar ao contido

Christian Schmidt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChristian Schmidt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Obernzenn, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Alto Representante para Bosnia e Hercegovina
1 de agosto de 2021 –
← Valentin Inzko
Membro do Bundestag
24 de outubro de 2017 – 26 de outubro de 2021
Lexislatura: 19th German Bundestag (en) Traducir

Circunscrición electoral: Fürth (en) Traducir

Federal Minister for Digital Affairs and Transport (en) Traducir
24 de outubro de 2017 – 14 de marzo de 2018
← Alexander DobrindtAndreas Scheuer →
Gabinete ministerial: Terceiro Gabinete Merkel (pt) Traducir
Federal Minister of Food and Agriculture (en) Traducir
17 de febreiro de 2014 – 14 de marzo de 2018
← Hans-Peter FriedrichJulia Klöckner →
Membro do Bundestag
22 de outubro de 2013 – 24 de outubro de 2017
Lexislatura: 18th German Bundestag (en) Traducir
Membro do Bundestag
27 de outubro de 2009 – 22 de outubro de 2013
Lexislatura: 17th German Bundestag (en) Traducir
Membro do Bundestag
18 de outubro de 2005 – 27 de outubro de 2009
Lexislatura: 16th German Bundestag (en) Traducir
Parliamentary Secretary in Germany (en) Traducir
2005 – 2013
Membro do Bundestag
17 de outubro de 2002 – 18 de outubro de 2005
Lexislatura: 15th German Bundestag (en) Traducir
Membro do Bundestag
26 de outubro de 1998 – 17 de outubro de 2002
Lexislatura: 14th German Bundestag (en) Traducir
Membro do Bundestag
10 de novembro de 1994 – 26 de outubro de 1998
Lexislatura: 13th German Bundestag (en) Traducir

Membro do Bundestag
20 de decembro de 1990 – 10 de novembro de 1994
Lexislatura: 12th German Bundestag (en) Traducir

Datos persoais
RelixiónIgreja Evangélica Luterana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Erlangen-Núremberg (1977–1982)
Gymnasium Windsheim (en) Traducir (–1976) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín
Bonn
Saraxevo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoUnión Social Cristiá de Baviera (1974–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
12 de febreiro de 2017Eleição presidencial da Alemanha de 2017 (pt) Traducir
18 de marzo de 2012Eleição presidencial da Alemanha de 2012 (pt) Traducir
30 de xuño de 2010Eleição presidencial na Alemanha em 2010 (pt) Traducir
23 de maio de 2009Eleições presidenciais na Alemanha em 2009 (pt) Traducir
23 de maio de 2004Eleição presidencial da Alemanha de 2004 (pt) Traducir
23 de maio de 1999Eleição presidencial da Alemanha de 1999 (pt) Traducir
list of participants in the coalition talks between the CDU/CSU and SPD in 2013 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webchristian-schmidt.de Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Schmidt-19537

Hans Christian Friedrich Schmidt, nado en Obernzenn, Alemaña Occidental, o 26 de agosto de 1957, é un político alemán da Unión Social Cristiá (CSU). Dende agosto de 2021 exerce como o Alto Representante para Bosnia e Hercegovina.

Membro do Bundestag por Fürth entre 1990 e 2021,[1] ocupo varios cargos no goberno alemán. Foi Secretario de Estado Parlamentario no Ministerio Federal de Defensa de 2005 a 2013, Secretario de Estado Parlamentario no Ministerio Federal de Cooperación e Desenvolvemento Económico desde decembro de 2013 ata febreiro de 2014 e Ministro de Alimentación e Agricultura dende 2014 ata 2018.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Asistiu ao Georg-Willhem-Steller-Gymnasium en Bad Windsheim onde completou a educación secundaria en 1976. Despois realizou o servizo militar obrigatorio na división de montaña do Exército de Alemaña Occidental. Estudou de Dereito en Erlangen e Lausana e en 1985 ingresou no colexio de avogados. Exerceu a avogacía ata que asumiu as súas funcións como Secretario de Estado Parlamentario en novembro de 2005.

Carreira política

[editar | editar a fonte]

Na súa época de estudante uniuse á Junge Union (JU), a agrupación xuvenil da CSU, en 1973. En 1976 rexistrouse como membro da CSU. De 1984 a 1990 foi concelleiro na súa localidade natal, Obernzenn, e membro do Consello de Distrito de Neustadt (Aisch)-Bad Windsheim.

De 1989 a 1993 foi ademais membro do Comité Estatal da CSU, cargo que asumiu de novo en 1999. Foi tamén presidente do Grupo de Traballo Rexional da CSU sobre Política Exterior, de Seguridade e Europea e desde maio de 2010 exerceu como presidente do Grupo de Traballo Evanxélico Rexional da CSU. En maio de 2011 foi nomeado presidente do Grupo de Traballo Federal Evanxélico da CSU/CDU.

Membro do Parlamento (1990-2021)

[editar | editar a fonte]
Schmidt con Angela Merkel e Thomas de Maizière o 20 de novembro de 2012.

Foi elixido para o Parlamento alemán, o Bundestag, nas eleccións de 1990. De 1991 a 2002 foi presidente do Grupo de Traballo de Política Exterior, Defensa e Europea da CSU a nivel nacional. Despois pasou a ocupar o cargo de presidente do Grupo de Traballo de Defensa Parlamentaria da CDU/CSU. Neste cargo tamén exerceu como portavoz de política de defensa da CDU/CSU.

Foi presidente do Grupo Parlamentario de Amizade Xermano-Israelí desde 1994 ata 1998 e presidente do Grupo Parlamentario de Amizade Xermano-Británico desde 1998 ata 2005. Tamén foi membro dos Grupos Parlamentarios de Amizade Xermano-Báltico, Xermano-Croata e Xermano-Checo. Foi relator do seu grupo parlamentario sobre o Tratado de "Bo Veciño" xermano-polaco en 1991, así como do Tratado de Alemaña-Checoslovaquia de 1992. En 1997, o Ministro Federal de Defensa seleccionou a Schmidt para formar parte do Comité Consultivo do Foro de Discusión Xermano-Checo.

Foi relator das discusións sobre a Lei de participación parlamentaria de 2005 relativa ao establecemento da Bundeswehr na República Federal.

Entrou no Parlamento alemán como candidato directamente elixido, representando a Fürth. Nas eleccións de 2009 conseguiu o 43,3% dos votos. En decembro de 2012 foi nomeado por sétima vez como candidato da CSU para as próximas eleccións parlamentarias federais, as de 2013. A Asemblea de Delegados da CSU concedeulle o 98,7% dos votos (155 de 157 votos).[2]

Secretario de Estado Parlamentario no Ministerio Federal de Defensa (2005-2013)

[editar | editar a fonte]
Schmidt xunto ao secretario de Defensa dos Estados Unidos, Chuck Hagel, o 5 de xuño de 2013.

Schmidt foi nomeado Secretario de Estado Parlamentario no Ministerio Federal de Defensa pola chanceler Angela Merkel o 23 de novembro de 2005. Neste cargo exerceu como representante parlamentario e político de tres ministros de Defensa; Franz Josef Jung, Karl-Theodor zu Guttenberg e Thomas de Maizière.

Durante o seu mandato sucedéronse varios acontecementos históricos, entre eles a investigación das actividades bélicas do as da aviación alemán da segunda guerra mundial Werner Mölders (2007), a reorientación das forzas armadas da República Federal (desde 2010) e a dimisión do ministro de Defensa zu Guttenberg tras un escándalo de plaxio (2011). Schmidt defendera a zu Guttenberg contra as acusacións de plaxio. Tamén xogou un papel fundamental no establecemento e financiamento do Härtefall-Stiftung, un fondo mantido pola Asociación de Socorro de Soldados e. V. e fundado en 2012 coa misión expresa de apoiar aos soldados gravemente feridos no cumprimento do seu deber. O fondo ofrece apoio máis aló dos deberes habituais de coidado da República Federal, servindo así como asistencia adicional para aqueles veteranos máis necesitados.

Trala dimisión de zu Guttenberg en 2011, Schmidt mantívose no cargo e foi confirmado de novo polo novo ministro de Defensa, Thomas de Maiziere. Nas negociacións para formar un goberno de coalición tralas eleccións federais de 2013, formou parte da delegación da CDU/CSU no grupo de traballo sobre asuntos exteriores, política de defensa e cooperación ao desenvolvemento, dirixido por de Maizière e Frank-Walter Steinmeier.

Desde 2011 ata 2017 exerceu como un dos 5 vicepresidentes da CSU, baixo o liderado do presidente Horst Seehofer. Na condición deste cargo, foi portavoz do seu partido en política exterior e de seguridade, así como en política europea. Tamén foi o responsable da relación da CSU con outros partidos que forman parte do Partido Popular Europeo. Xestionou a difusión internacional da CSU en Israel, Croacia, Austria, os Estados Unidos e o Reino Unido .

Ministro Federal de Alimentación e Agricultura (2014-2018)

[editar | editar a fonte]
Schmidt chegando a un cume do PPE en Bruxelas, o 17 de marzo de 2016.

Desde 2014 ata 2018, desempeñou o cargo de Ministro Federal de Alimentación e Agricultura no terceiro goberno da chanceler Angela Merkel.

En resposta á caída dos prezos do leite en 2016, Schmidt lanzou un paquete de emerxencia de polo menos 100 millóns de euros para os produtores de leite do país, incluíndo préstamos e desgravación fiscal.[3] Tamén durante o seu mandato, Alemaña sacrificou 776.000 galiñas, pavos, patos e outros tipos de aves de curral entre novembro de 2016 e xaneiro de 2017 para combater a gripe aviar.[4]

En novembro de 2017, enfadou ao seu propio goberno ao romper un acordo para non apoiar unha proposta da Unión Europea de prorrogar o uso de glifosato por outros cinco anos, unha medida á que se opuxo a ministra de Medio Ambiente, Barbara Hendricks, do SPD, que conseguira unha garantía de non-voto positivo poucos minutos antes.[5] Despois deste incidente, a chanceler Merkel criticou publicamente a Schmidt, argumentando que non debería votar a favor, contra o desexo da súa compañeira e incumprindo as instrucións do goberno. Dende entón recibiu críticas polas súas conexións co grupo de presión agrícola.[6][7]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Desde de deixar o seu cargo no goberno, formou parte da Comisión de Asuntos Exteriores e do seu Subcomité das Nacións Unidas. En 2019 foi nomeado polo Ministerio Federal de Interior, Edificación e Comunidade para formar parte do comité que supervisou os preparativos para o 30 aniversario da reunificación alemá.[8]

En xuño de 2021 anunciou que non se presentaría ás eleccións federais de 2021 e que renunciaría á política activa ao final da lexislatura.[9]

Alto Representante para Bosnia e Hercegovina (2021-presente)

[editar | editar a fonte]
Schmidt saúdando ao ministro de Asuntos Exteriores austríaco, Michael Linhart, o 14 de outubro de 2021.

En xaneiro de 2021, o goberno alemán nomeou a Schmidt candidato a Alto Representante para Bosnia e Hercegovina.[10][11] O 27 de maio de 2021, o diplomático austríaco Valentín Inzko renunciou ao cargo de Alto Representante, e Schmidt ocupou o seu lugar o 1 de agosto de 2021.[12][13] Rusia opúxose ao nomeamento de Schmidt e negouse a recoñecer a súa autoridade.[14]

En novembro de 2021 entregou o seu primeiro informe ao secretario xeral das Nacións Unidas, advertindo de que Bosnia e Hercegovina corría un perigo inminente de fractura e e unha posible volta ao conflito, e advertiu de que, se isto ocorrese, debería revisarse a presenza militar internacional.[14]

  1. "Christian Schmidt (Fürth), CDU/CSU". Bundestag (en alemán). 27 de maio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2013. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  2. Leberzammer, Armin (19 de decembro de 2012). "Schmidt und Söder punkten in Langenzenn" (en alemán). Consultado o 26 de maio de 2022. 
  3. Shotter, James (30 de maio de 2016). "Germany promises €100m emergency package for dairy farmers". Financial Times (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2022. 
  4. Busemann, Hans-Edzard (13 de febreiro de 2017). "Germany has culled 776,000 poultry since bird flu outbreak" (en inglés). Reuters. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  5. "Weedkiller vote poisons European politics". Politico (en inglés). 27 de novembro de 2017. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  6. "Studie deckt auf: So funktioniert die Agrarlobby" (en alemán). 30 de abril de 2019. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  7. Nasr, Joseph (28 de novembro de 2017). "Merkel scolds ally to shield coalition talks from weedkiller row". Consultado o 26 de maio de 2022. 
  8. "30 Jahre Friedliche Revolution und Deutsche Einheit" (en alemán). 3 de abril de 2019. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  9. "Ex-Minister Schmidt kandidiert doch nicht" (en alemán). 10 de xuño de 2021. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  10. Rinke, Andreas (20 de xaneiro de 2021). "Germany nominates ex-minister Schmidt for post of Bosnia peace envoy" (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2022. 
  11. "Germany, Russia and the Gambit for Bosnia" (en inglés). 15 de abril de 2021. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  12. "Valentin Inzko podnio ostavku, novi visoki predstavnik dolazi 1. augusta" (en bosníaco). 27 de maio de 2021. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  13. "Ima li Schmidt rješenje za "bosanski lonac"?" (en bosníaco). 1 de agosto de 2021. Consultado o 26 de maio de 2022. 
  14. 14,0 14,1 Borger, Julian (2 de novembro de 2021). "Bosnia is in danger of breaking up, warns top international official". The Guardian (en inglés). Consultado o 26 de maio de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]