Saltar ao contido

Christina Rosenvinge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChristina Rosenvinge

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1964 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista, presentadora de televisión, letrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1980 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0744043 Facebook: christinarosenvingeoficial Twitter: ch_rosenvinge Instagram: ch_rosenvinge Youtube: UCDDbIeeq_VWXET7LNwUBijw BNE: XX1022430 Musicbrainz: d4ee5700-7e28-4008-abda-2239fd6a3d44 Songkick: 108570 Discogs: 402227 Allmusic: mn0000780265 Genius: Christina-rosenvinge Editar o valor en Wikidata

Christina Rosenvinge Hepworth, nada en Madrid o 29 de maio de 1964, é unha cantautora española de ascendencia dinamarquesa de música rock/pop e indie, coñecida como Christina Rosenvinge.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Hans Jørgen Christian Rosenvinge, e Daphne Ankerstjerne Hepworth, emigrados a España na década de 1950. Vinculada á música desde adolescente, debutou como cantante no grupo Ella y Los Neumáticos, grupo punk que formou parte da movida madrileña a comezos da década de 1980. Posteriormente, xunto a Toti Árboles (tamén de Ella y Los Neumáticos) e Álex de la Nuez (que tocara en Zombies) formou Magia Blanca, un combo de electropop con toques funk que só publicou un Maxi-EP de 3 cancións.[1] Logo da marcha de Toti Árboles, Rosenvinge e de la Nuez seguiron baixo o nome de Álex & Christina, pasando a facer un pop naïf de influencia francesa. Tiveron gran repercusión co seu segundo sinxelo, "Chas y aparezco a tu lado" producido por Nacho Cano, o que lles permitiu gravar dous álbums antes de separarse a principios da década de 1990.

En 1991 empezou a súa carreira en solitario. Se ben mantivo un nome de banda, Christina y Los Subterráneos, non había unha formación estable de músicos. O seu primeiro disco, Que me parta un rayo, incluía dez cancións con letras con perspectiva feminista. Participou como artista invitada en festivais como o Festival Internacional de la Canción de Viña del Mar. En 1994 publicou Mi pequeño animal, gravado na periferia de París e producido por Steve Jordan e Niko Bolas. Con este disco Rosenvinge iniciou un percorrido máis persoal e afastado dos circuítos comerciais.

Etapa estadounidense

[editar | editar a fonte]

En 1994, tras coñecer ao guitarrista de Sonic Youth Lee Ranaldo, entrou en contacto coa escena alternativa de Nova York. En 1997 publicou Cerrado, xa firmado co seu propio nome, coa banda integrada polos músicos estadounidenses que a acompañaron nos anos seguintes. O disco incluía dúas cancións en inglés. En 1998 finalizou o seu contrato con Warner Music e renunciou á renovación para dedicarse a facer música máis introspectiva, escura e experimental.

Viviu en Nova York entre 1999 e 2003. Da man de Lee Ranaldo e Steve Shelley logrou introducirse no circuíto de salas underground da cidade. Tocou canda a Smokey Harmel, Janet Wygal, Jeremy Wilms ou Tim Foljahn de Two Dollar guitar en salas como Tonic, CBGB's e Knitting Factory.

En 2001 publicou Frozen Pool coa discográfica Smells Like Records, cun só tema en castelán. Foi de xira polos Estados Unidos de América e por Europa, e tocou en festivais como All Tomorrow Parties Festival nos Ánxeles, Les Femmes s'en mêlent en París e o South by Southwest en Texas. Frozen Pool publicouse tamén no Xapón da man do selo P-Vine. En 2002 publicou Foreign land, o seu segundo disco en inglés. En España apareceu na colección El Europeo en formato disco-libro, coa canción "German Heart" ilustrada cun "foto-clip" de imaxes tomadas polo escritor Ray Loriga, a súa parella nese momento. En 2006 pechou a súa triloxía anglosaxoa con Continental 62, que inclúe algún tema en castelán. O título fai referencia ao voo co que Rosenvinge regresou a Madrid.

Regreso a España

[editar | editar a fonte]

En 2007 publicou Verano fatal, disco de sete cancións en colaboración con Nacho Vegas editado por Limbo Starr. O disco inclúe cancións escritas por ambos os dous como "Verano fatal", "Humo", e "Me he perdido", outras escritas por Rosenvinge como "No lloro por ti", "Ayer te vi" e "No pierdes lo que das", e outra escrita por Vegas, "Que nos parta un rayo" parafraseando o título dun disco anterior de Rosenvingem "Que me parta un rayo". Á publicación do disco seguiu unha xira organizada pola revista Rockdelux. O elenco musical neste proxecto estaba completado por Xel Pereda, Charlie Bautista, Manu Molina e Luis Rodríguez.

O 4 de novembro de 2008 publicou Tu labio superior (WEA), álbum en solitario con cancións en castelán e acompañada de Steve Shelley á batería, Chris Brokaw (da banda Come, band) á guitarra e baixo, Jeremy Wilms guitarra, baixo e contrabaixo, e Charlie Bautista. O disco, mesturado por John Agnello, tivo boa acollida por parte da crítica. 2011 publicou La Joven Dolores, e en 2015 Lo nuestro. En 2018 editou Un hombre rubio.

Outros traballos

[editar | editar a fonte]

Como actriz participou nas películas Todo es mentira (1994, xunto a Penélope Cruz e Coque Malla) e en La pistola de mi hermano (1997, de Ray Loriga). Nos seus inicios presentó o programa musical FM2 que dirixiu Diego A. Manrique en Televisión Española (1988-1989).

Colaborou con artistas conceptuais como Sophie Calle. Realizou unha peza para a súa obra Prenez soin de vous, presentada no pavillón francés na Biennale di Venezia en 2007. En xuño de 2015 preparou un concerto adicado á obra da artista francesa Louise Bourgeois co gallo dunha exposición retrospectiva organizada polo Museo Picasso de Málaga.

En 2016 compuxo canda a Mikel Salas o tema "Caer" para a banda sonora do filme Rumbos, dirixido por Manuela Burló.

Discografía

[editar | editar a fonte]

Con Ella y Los Neumáticos

[editar | editar a fonte]
  • Ella y los neumáticos (1980)

Con Magia Blanca

[editar | editar a fonte]
  • Magia Blanca (Maxi EP) (1985)
  • Álex & Christina (1987)
  • El ángel y el diablo (1989)
  • Que me parta un rayo (1992)
  • En vivo Madrid (1993)
  • Mi pequeño animal (1994)

En solitario

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Dragón Rapide, (1986)
  • Todo es mentira, (1994)
  • La pistola de mi hermano, (1997)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]