Chrysomelinae
Chrysomelinae Rango fósil: Aptiano-Recente | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Chrysolina fastuosa | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Tribos | |||||||||||||||||||
Chrysomelinae é unha subfamilia de escaravellos crisomélidos. Comprende unhas 3000 especies distribuídas por todo o mundo.[1]
O membro máis coñeido da subfamilia é quizais o escaravello da pataca (Leptinotarsa decemlineata), unha importante praga agrícola.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os adultos dos Chrysomelinae son escaravellos coas seguintes características: antenas inseridas en ou adxacentes á marxe anterior da cabeza; a cara interna das mandíbulas con grandes prostecas membranosas; as ás con só unha célula anal (ás veces as ás están reducidas ou ausentes); brazos do metendoesternito lateral sen lobos; fémures sen esclerito resorte interno; esporas tibiais ausentes; tarsos sen setas bífidas; ausencia de mecanismo estridulatorio; edeago do macho sen anel tegminal e os testículos non fusionados sen unha membrana común; o aparato rectal (kotpresse) das femias ausente.[2] En canto á aparencia xeral, o corpo é convexo, redondo ou oval e a miúdo vivamente coloreado.[1] As cores e padróns poden variar incluso dentro dunha mesma especie.[3] As especies non voadoras (polo menos na fauna crisolmelina australiana) tenden a ser pequenas e escuras e tamén nocturnas.[2]
As larvas poden recoñecerse por ter o seguinte: 6 pares de stemmata na cabeza; palpos labiais de dous segmentos; mandíbulas palmadas; labro libremente articulado; espiráculos anulares; patas presentes, con apéndices paroniquiais e pretarso; estoxo non transportable.[2]
Tanto os adultos coma as larvas teñen glándulas que segregan produtos químicos para defenderse dos predadores.[2]
Dieta
[editar | editar a fonte]Os Chrysomelinae son herbívoros e aliméntanse xeralmente de follas de plantas, menos comunmente de flores.[2] Hai variacións xeográficas: os crisomelinos do hemisferio norte temperado aliméntanse principalmente de plantas herbáceas anuais ou perennes, mentres que os do hemisferio sur temperado prefiren comer de arbustos leñosos e árbores.[4]
Coñécense algúns Chrysomelinae nos que hai canibalismo larvario.[3]
Ciclo vital
[editar | editar a fonte]O ciclo vital xeral dos Chrysomelinae empeza co depósito de ovos sobre a planta hóspede. Estes fan eclosión liberando larvas que se alimentan de plantas. Cando están totalmente desenvolvidos, as larvas baixan ao chan para pupar. Os adultos saen da pupa e aliméntanse de novo da planta hóspede e tamén se reproducen. Hai variacións neste ciclo, como o ovoviviparismo (as larvas saen do ovo no momento en que estes se poñen) ou o viviparismo (párense as larvas), os ovos son tirados desde a planta hóspede, ou a pupación ocorre sobe as plantas (Plagiodera).[2][3]
Comportamento
[editar | editar a fonte]As larvas de varias especies forman grupos, posiblemente como defensa contra os predadores e parasitoides, mentres que outras especies teñen larvas solitarias. Nos adultos de Zygogramma appendiculata tamén se observou agregación.[3]
As larvas dalgúns Platyphora adhírense a tricomas das súas plantas hóspede cos pelos do dorso, posiblemente para camuflarse.[3]
O finximento da morte é un comportamento que ocorre en adultos e larvas de varias especies.[3]
Algunhas especies de Chrysomelinae realizan moitos coidados maternos para o que é normal en insectos. Non só localizan lugares ricos en alimentos para depositar alí os ovos, senón que protexen tanto os ovos coma as larvas despois da eclosión.[5]
Historia evolutiva
[editar | editar a fonte]Os membros máis antigos da familia son varias especies do xénero Mesolpinus, pertencentes á antiga tribo monotípica extinguida dos Mesolpinini, coñecidos desde o Aptiano na formación Yixian da China.[6]
Xéneros seleccionados
[editar | editar a fonte]Nesta subfamilia están incluídos os seguintes xéneros:
- Agasta [7]
- Alfius
- Callidemum
- Calligrapha
- Calomela
- Cecchiniola
- Chalcolampra
- Chrysomela
- Chrysolina
- Colaphellus
- Colaspidema
- Crosita
- Cyrtonastes
- Cyrtonus
- Dicranosterna
- Doryphora
- Entomoscelis
- Gastrophysa
- Geomela
- Gonioctena (inclúe Phytodecta)
- Hydrothassa
- Labidomera
- Lamprolina[8]
- Leptinotarsa
- Linaedea
- Machomena
- Microtheca
- Oomela
- Oreina
- †Paleophaedon
- Paropsides
- Paropsis
- Paropsisterna
- Peltoschema
- Phaedon
- Phratora
- Phola
- Plagiodera
- Prasocuris
- Promechus
- Proseicela
- Rhaebosterna
- Sclerophaedon
- †Stenaspidiotus[9]
- Timarcha
- Timarchida
- Trachymela
- Zira
- Zygogramma
Galería
[editar | editar a fonte]-
Plagiodera versicolora, larva e adultos
-
Labidomera clivicollis, larva
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Subfamily Chrysomelinae". bugguide.net. Consultado o 2022-11-18.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Subfamily Chrysomelinae Latreille, 1802". biodiversity.org.au (en inglés). Australian Faunal Directory. Consultado o 2022-11-17. O texto foi copiado desta fonte, que está dispoñible baixo unha licenza Creative Commons Attribution 4.0 International.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Flinte, Vivian; Abejanella, André; Daccordi, Mauro; Monteiro, Ricardo F.; Macedo, Margarete Valverde (2017-12-11). "Chrysomelinae species (Coleoptera, Chrysomelidae) and new biological data from Rio de Janeiro, Brazil". ZooKeys 720: 5–22. ISSN 1313-2970. PMC 5784215. PMID 29391849. doi:10.3897/zookeys.720.13963.
- ↑ Reid, Chris A.M. (2006-08-14). "A taxonomic revision of the Australian Chrysomelinae, with a key to the genera (Coleoptera: Chrysomelidae)". Zootaxa 1292 (1): 1. ISSN 1175-5334. doi:10.11646/zootaxa.1292.1.1.
- ↑ Windsor D.M.; Dury, G.J.; Frieiro-Costa, F.A.; Lanckowsky S.; Pasteels, J.M. (2013). "Subsocial Neotropical Doryphorini (Chrysomelidae, Chrysomelinae): new observations on behavior, host plants and systematics". ZooKeys (332): 71–93. PMC 3805320. PMID 24163582. doi:10.3897/zookeys.332.5199.
- ↑ Kirejtshuk, A. G.; Moseyko, A. G.; Ren, Dong (decembro de 2015). "Mesozoic leaf beetles of the tribe Mesolpinini trib. nov. (Coleoptera, Chrysomelidae) from the Lower Cretaceous". Paleontological Journal (en inglés) 49 (13): 1424–1435. ISSN 0031-0301. doi:10.1134/S0031030115130043.
- ↑ Ge, Siqin; Daccordi, Mauro; Yang, Xingke (2008). "Revision of the Genus Agasta Hope (Coleoptera: Chrysomelidae: Chrysomelinae)". Entomological News 119 (4): 375–388. doi:10.3157/0013-872X-119.4.375.
- ↑ "Lamprolina Baly, 1855". ala.org.au.
- ↑ Poinar Jr, George (2013). "Stenaspidiotus microptilus n. gen., n. sp. (Coleoptera: Chrysomelidae: Chrysomelinae) in Dominican amber, with evidence of tachinid (Diptera: Tachinidae) oviposition". Historical Biology: An International Journal of Paleobiology 25 (1): 101–105. doi:10.1080/08912963.2012.710443.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chrysomelinae |