Saltar ao contido

Cianuro de hidróxeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Propiedades

Xeral

Nome Cianuro de hidróxeno
Fórmula química HCN
Aparencia líquido incoloro

Físicas

Peso molecular 27,0 uma
Punto de fusión 260 K (-13 ̊C)
Punto de ebulición 299 K (26 ̊C)
Densidade 0,7 ×10³ kg/m³
Solubilidade moi soluble

Termoquímica

?fH0gas 135,14 kJ/mol
?fH0líquido 109 kJ/mol
?fH0sólido 100 kJ/mol
S0gas, 1 bar 201,82 Jmol-1K-1
S0líquido, 1 bar 113,01 Jmol-1K-1
S0sólido ? Jmol-1K-1

Riscos

Inxestión Extremadamente tóxico. Síntomas temperáns: náusea, vómitos e dor abdominal.
Inhalación Extremadamente perigoso.
Pel Crese que é posible o envelenamento a través da pel.
Ollos Meniñas dilatadas é un síntoma de envelenamento.
Máis información Hazardous Chemical Database (En inglés)

O cianuro de hidróxeno é un composto químico cuxa fórmula é: HCN. A solución de cianuro de hidróxeno en auga é chamada ácido cianhídrico. O cianuro de hidróxeno puro é un líquido incoloro, moi velenoso e altamente volátil, que ferve aos 26 °C. Ten un lixeiro cheiro améndoas amargas, que algunhas persoas non poden detectar debido a un trazo xenético. O cianuro de hidróxeno é lixeiramente ácido. Os seus sales son coñecidos como cianuros.

O cianuro de hidróxeno prodúcese en grandes cantidades en todo o mundo pola industria química. É usado en tinxiduras, explosivos, produción de plásticos etc. Pode ser producido provocando a reacción entre un cianuro e un ácido forte, ou directamente de amoníaco e monóxido de carbono.

As froitas que teñen unha semente grande, como o aguacate ou o albaricoque, xeralmente teñen pequenas cantidades de cianuro de hidróxeno na súa semente. As améndoas amargas, das que se extrae o aceite de améndoa, tamén o conteñen. Algúns miriápodos úsano como medio de defensa. Tamén pode atoparse nos gases producidos por motores de vehículos, no fume do tabaco e no fume da combustión de plásticos que conteñen nitróxeno.

Unha concentración de 300 partes por millón no aire é suficiente para matar a un humano en cuestión de minutos. A súa toxicidade débese ao ión cianuro CN-, que inhibe a respiración celular. Por esta razón, o cianuro de hidróxeno era moi usado na Alemaña nazi como método de execución en masa.

Referencias exteriores

[editar | editar a fonte]