Cidade Deportiva Afouteza
Cidade Deportiva Afouteza | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°10′39″N 8°39′55″O / 42.1775, -8.6651666666667 |
Localización | Cela (Mos) |
Construción | |
Construción | 30 de novembro de 2019 |
Inauguración | 20 de novembro de 2020 |
Arquitecto | Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera |
Estadio | |
Propietario | Real Club Celta de Vigo |
Operadora | Celta de Vigo |
Uso | Real Club Celta de Vigo Real Club Celta de Vigo B Real Club Celta de Vigo C-Gran Peña |
Web | https://rccelta.es/club/instalaciones/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Cidade Deportiva Afouteza[1] é un complexo deportivo do Real Club Celta de Vigo situado na parroquia de Pereiras, no concello de Mos. Foi inaugurada 28 de novembro de 2020. O nome vén do lema "Afouteza e corazón", un dos slogans mais célebres da entidade e que forma parte do seu himno. En agosto de 2020 o Celta realizou unha enquisa entre os seus socios para escoller o nome da nova cidade deportiva, que viña substituír as instalacións municipais da Madroa e de Barreiro. Finalmente, entre 3500 propostas recibidas, escolleuse o nome de Afouteza[2].
Instalacións
[editar | editar a fonte]Desde novembro de 2021 as instalacións atópanse na Fase 1 do proxecto. Edificado polo Grupo San José, consta de 59 901 m² de parcela, 4878 m² de superficie construída e 29 500 m² de superficie urbanizada. Dispón de tres campos de céspede natural e dun edificio principal que alberga almacéns, cuartos de instalacións, ximnasio, oficinas, sala de prensa e vestiarios[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Afouteza e corazón" é un dos lemas do club.
- ↑ "O Celta abre unha votación entre dez posibles nomes para a cidade deportiva.". La Voz de Galicia. Consultado o 4 de xullo de 2022.
- ↑ "Afouteza, a gran aposta de Mouriño, celebra o seu primeiro aniversario.". El Desmarque. Consultado o 4 de xullo de 2022.