Instalacións Deportivas da Madroa
Instalacións Deportivas da Madroa | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°14′48″N 8°40′22″O / 42.246758, -8.672687 |
Localización | A Madroa, Candeán, Vigo |
Construción | |
Construción | 1990 |
Estadio | |
Propietario | Concello de Vigo |
Uso | Celta de Vigo |
Web | https://rccelta.es/club/instalaciones/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
As Instalacións Deportivas da Madroa, ou simplemente A Madroa, son un complexo deportivo de titularidade municipal onde se disputan algúns adestramentos das categorías inferiores do Real Club Celta de Vigo. Constituía o principal lugar de adestramento do club antes da construción da Cidade Deportiva Afouteza, en Mos. Recibe o nome do lugar da Madroa, da parroquia de Candeán. Por extensión, adoita empregarse para referirse ao conxunto de xogadores saídos da canteira do equipo celeste.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]As instalacións da Madroa fóronlle outorgadas ao Celta de Vigo no verán de 1990. O primeiro adestramento do club celeste realizouse o 27 de xullo desde ano. As instalacións foron conceptualizadas e inauguradas polo alcalde de aquel entón, Manoel Soto, ao presidente do equipo vigués tamén por aquel entón, José Luís Rivadulla.[2]
Estas instalacións son coma un fillo meu, eu mesmo parín. Estiven aquí dous anos a traballar, planifiquei todos estes campos, até incluso en persoa, marcando con cinta.José Luis Rivadulla
Durante a década dos noventa e até o ano 2020, ditas instalacións foron o lugar habitual de adestramento do primeiro equipo do Celta, así como das categorías inferiores. Finalmente, o 26 de novembro de 2020, o cadro do primeiro equipo do Celta realizou o seu último adestramento nas instalacións antes de se mudaren á Cidade Deportiva Afouteza, no concello limítrofe de Mos.
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]As instalacións constan de:[3]
- 1 campo de céspede natural de medidas 108,25 x 69,90 metros.
- 1 campo de céspede sintético de medidas 108,55 x 66,50 metros e 660 asentos na bancada.
- 1 campo de céspede natural de medidas 116,20 x 71,20 metros.
- 1 campo de céspede sintético de medidas 104,00 x 57,80 metros e 488 asentos na bancada.
- Centro de servizos e ximnasio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vande Rusten, Pablo. "Lo que hace al Celta un equipo singular en europa.". El País. Consultado o 11 de agosto de 2024.
- ↑ Castro, Xosé. "Adiós a A Madroa 30 años después.". La Voz de Galicia. Consultado o 11 de agosto de 2024.
- ↑ "Campos de fútbol de A Madroa.". Concello de Vigo. Consultado o 11 de agosto de 2024.