Candeán, Vigo
Candeán | |
---|---|
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°14′43″N 8°39′19″O / 42.245344361801, -8.6553854357131 |
Poboación | 4.664 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Candeán é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Cabral, Lavadores, San Paio e Teis e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 12 entidades de poboación, 8 lugares e segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 4.664 habitantes (2.258 homes e 2.406 mulleres).
As súas entidades de poboación son as seguintes: Candeán de Arriba (599), A Devesa (904), A Fonte Escura (1.254), Freiría (91), Goleta (59), Hermide (94), A Igrexa (436), Monte Pequeno (326), Parachán (369), A Rabadeira (485), O Salgueiro (65) e Vesada (17). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Candeán de Abaixo, A Costeira, A Fonte Barca, A Lagoa, A Madroa, Pedra Longa, A Poba e Xunco Mariño.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Nas abas da Madroa atópanse o zoolóxico de Vigo (único de Galiza con máis de 600 animais) e as instalacións deportivas auxiliares do Real Club Celta.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Conserva pegadas de asentamentos prehistóricos, coma petróglifos e dolmens. Nas abas da Madroa atópanse un monumental dolmen coñecido coma "Casa dos Mouros". Existen restos dunha vella construción medieval defensiva que os veciños chaman "Da Torre". A igrexa de San Cristovo foi construída a comezos do século XIX. No cemiterio atópase un dos dous cruceiros da parroquia, construído probabelmente no 1887.
Festas
[editar | editar a fonte]O segundo domingo de setembro celébrase a Festa dos Pexegos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Candeán
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Candeán no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Candeán de Abaixo | Candeán de Arriba | A Costeira | A Devesa | Ermide | A Fonte Barca | A Fonte Escura | Freiría | Goleta | A Igrexa | A Lagoa | A Madroa | Monte Pequeno | Pedra Longa | A Poba | A Rabadeira | O Salgueiro | Vesada | Xunco Mariño |
Parroquias de Vigo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Candeán, Vigo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez González, Afonso Salvador (2019). Toponimia do Val de Fragoso (PDF). 7: Candeán. Universidade de Vigo; Concello de Vigo. ISBN 978-84-8158-821-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán Arquivado 26 de xuño de 2008 en Wayback Machine.