Ramón Nieto
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1856 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 25 de xullo de 1928 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | empresario, filántropo ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | María de la Vega ![]() |
Ramón Remigio Nieto Otero, nado en Lavadores, no actual concello de Vigo, o 1 de outubro de 1856 e finado en Viña del Mar, Chile, o 25 de xullo de 1928,[1] foi un empresario da salitre e filántropo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 1 de xaneiro de 1900 Ramón Nieto creou a primeira escola no barrio de Barreiro, un centro que durante máis dunha década acubillou máis de sesenta rapaces. O primeiro director das Escolas foi Severino Cobas.
Doou cartos e terreos familiares, coa idea de que os rapaces aprendesen a ler e escribir e tamén a aprender un oficio de cara a unha educación politécnica cun proxecto pedagóxico.[2] Arredor de 1917 inauguráronse as Escolas Nieto, na zona da Granxa, na avenida que na actualidade leva o seu nome. Coa presenza do propio Ramón Nieto e os membros do padroado elixidos para dirixir a escola, levouse a cabo un acto que contou coa presenza de pais, alumnos e autoridades locais.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]O 16 de maio de 1914, a corporación do Concello de Lavadores decidiu nomealo fillo predilecto de Lavadores, ordenando que cando os recursos do Concello o permitisen se adquirise o seu retrato e se colocase no salón da casa consistorial. En 1926 Honorato Fernández Míguez, en nome da corporación municipal, pediulle ao Consello de Ministros que se lle concedese a Ramón Nieto Otero a Gran Cruz coma propulsor da cultura.
No ano 1944 o concello de Vigo dedicoulle a principal estrada do barrio de Lavadores.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece en Chile Ramón Nieto" Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ ""110 anos de andaina, Escolas Nieto"". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 15 de novembro de 2013.
- ↑ Antomil Pérez, Daniel (2016). De los nombres de las calles de Vigo. Vigo: Ediciones Cardeñoso. p. 349. ISBN 978-84-8190-844-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 20.
- "Nieto Otero, Remixio Ramón". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Espinosa Rodríguez, José (1949). Tierra de Fragoso. Notas para la historia de Vigo y su comarca. Vigo. p. 435.
- Pérez Leira, Lois (2009). Protagonistas de una epopeya colectiva (en castelán) (2ª ed.). Vigo: Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo. ISBN 978-84-936759-8-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]