Xosé Bar Boo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1922 Vigo, España |
Morte | 21 de febreiro de 1994 (71 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, mestre |
Empregador | Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Macamen Blanco García |
Pai | Pepe Bar |
Irmáns | Luis Bar Boo |
Premios | |
Xosé Bar Boo, nado en Vigo o 25 de setembro de 1922 e finado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1994, foi un arquitecto galego.[1]
Era fillo do futbolista Pepe Bar e irmán do actor Luis Bar Boo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo o título de Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid no ano 1957 e o grao de doutor en 1960. En Vigo levou a cabo a maior parte do seu labor profesional. En 1957 deseñou para a súa familia o edificio Plastibar, considerado unha icona da arquitectura moderna de Galicia. Bar Boo residiu no edificio ata o seu pasamento.[2] Na súa obra destaca o uso da pedra, especialmente as pezas de granito que habitualmente só se empregaban para realizar peches en leiras.[2]
En 1973 foi un dos fundadores do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia,[2] do que foi decano entre os anos 1977 e 1979,[3] vicepresidente do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
Foi activista pola protección do medio ambiente, e en 1974 foi un dos fundadores de ADEGA.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]A súa parella, Macamen Blanco, fundou a asociación Alecrín e a primeira casa de Vigo para mulleres vítimas de violencia de xénero.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Edificio Plastibar en Vigo, antiga sede da delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na cidade olívica (1957).[4]
- Edificio Plaza de Compostela (1963), na Praza de Compostela de Vigo.
- Vivenda Vázquez (1963), Vigo.[2]
- Praza de abastos de Gondomar (1964).[2]
- Complexo de 5 Edificios de Vivendas no barrio de Campolongo de Pontevedra (1965- 1969).[5][6]
- Policlínico Cíes en Vigo (1967).[7]
- Igrexa parroquial de Nosa Señora das Neves en Teis, Vigo (1968).
- Edificio de vivendas na Illa de Toralla.
- Praza de abastos do Porriño (1970).
- Edificio Vicente Suárez na rúa García Olloqui de Vigo (1972).
- Nova sede para os Xulgados da Coruña (1991).[8]
- Casa Gerardo Martín, rúa Doutor Corbal 65 de Teis, Vigo.[9]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Obtivo o Premio da Crítica Galicia no ano 1981 e o Concello de Vigo adicoulle o nome dunha rúa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica, por Xosé María Palmeiro. El País, 24 de febreiro de 1994 (consultado o 23 de marzo de 2010).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Valverde, Iago (08-10-2022). "Xosé Bar Boo. Centenario deun arquitecto comprometido". Sermos Galiza (522): 4-9.
- ↑ Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
- ↑ Vídeo sobre o edificio en YouTube.
- ↑ "Edificios singulares". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de maio de 2013.
- ↑ "Los arquitectos piden protección para los edificios de corte moderno". Diario de Pontevedra (en castelán). 17 de febreiro de 2017.
- ↑ Artigo sobre o Policlínico Cíes, 20 minutos, 3 de xullo de 2006 (consultado o 23 de marzo de 2010).
- ↑ Galicia 25 anos, Consello da Cultura Galega.
- ↑ http://patrimoniogalego.net/index.php/44065/2013/05/casa-gerardo-martin/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xosé Bar Boo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 89.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Garrido Fenés, Alicia (2000). La obra de Xosé Bar Bóo: una arquitectura a la medida del hombre (en castelán). A Coruña: Fundación Barrié. ISBN 978-84-89748-65-1.
- Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Faro de Vigo. p. 24. VG 955-2010.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Intenciós na arquitectura de Xose Bar Boo" por Xan Casabella López, ETSAC, n.º 4 1986, ISSN: 0213-3474.
- Notas al artículo "Intenciós na arquitectura de Xose Bar Boo"... por Xosé Bar Boo, ETSAC, n.º 6 1987, ISSN: 0213-3474 (en castelán).