Pepe Bar
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1886 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 30 de xaneiro de 1930 ![]() Vigo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Lingua | Lingua galega ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Xosé Bar Boo, Luis Bar Boo ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8f/Busto_de_Pepe_Bar_no_estadio_de_Bala%C3%ADdos.jpg/220px-Busto_de_Pepe_Bar_no_estadio_de_Bala%C3%ADdos.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5c/Necrol%C3%B3xica_Pepe_Bar_El_Pueblo_Gallego.jpg/220px-Necrol%C3%B3xica_Pepe_Bar_El_Pueblo_Gallego.jpg)
José Bar Vilaboa, nado en Vigo en 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xaneiro de 1930, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego, máis coñecido como Pepe Bar[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A súa carreira futbolística transcorreu principalmente no Real Club Fortuna de Vigo, equipo ao que tamén dirixiu como técnico ata o momento da fusión deste co Real Vigo Sporting Club en 1923. Precisamente Bar foi un dos valedores da fusión xunto ao xornalista Manuel de Castro Handicap e ao secretario do Concello de Vigo Juan Baliño Ledo, o froito do esforzo foi o Real Club Celta de Vigo.
No seu recordo hai un busto seu no Estadio Municipal de Balaídos.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Foi irmán do tamén futbolista Félix Bar Vilaboa. Casou con Carmen Boo Feás e foi pai de Ángeles, Antonio, Xosé, Alfonso e mais Luis Bar Boo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Txema Ereaga (18 de xullo de 2014). "Pepe Bar: un excelente deportista que dio vida al Celta". Fame Celeste (en castelán).