Saltar ao contido

Fernando Conde Montero-Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando Conde Montero-Ríos
Biografía
Nacemento1938 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 2001 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Elvira Barreras Vázquez Editar o valor en Wikidata
FillosPablo e Ana Conde Barreras Editar o valor en Wikidata

Fernando Conde Montero-Ríos, nado en Vigo en 1938 e finado o 15 de abril de 2001, foi un empresario galego. Formou parte, entre outros proxectos empresariais, do consello de administración de Caixanova, Fundación Provigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Fernando Conde de Ponte e Josefina Montero-Ríos Becerra, naceu en Vigo en 1938.[1]

Montero-Ríos licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, malia comezar os estudos universitarios en Universidade de Deusto[2]. Especializouse na área de Dereito Marítimo e, após de traballar en diferentes países, incorporouse á empresa Fernando Conde e Compañía, que por aquel entón era a empresa familiar. En 1978 foi nomeado conselleiro da empresa. Ademais, formou parte dos consellos de administración de Caixanova, do Consorcio da Zona Franca de Vigo ou da Fundación Provigo.

Entre 1984 e o seu pasamento en 2001 foi Presidente da Cámara de Comercio de Vigo. Así, converteuse no terceiro membro da súa familia en formar parte da cámara, fundada precisamente polo seu familiar materno Eugenio Montero-Ríos.[3]

Á marxe da súa actividade empresarial, Montero-Ríos desenvolveu unha gran cantidade actividade non lucrativa, formando parte, entre outros da Asociación de Navieiros e Consignatarios do Porto de Vigo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Elvira Barreras Vázquez e foi pai de Pablo e Ana Conde Barreras.

  1. "Fernando Conde Montero-Ríos". Geneanet. Consultado o 12 de marzo de 2025. 
  2. González Martín, Xerardo. "Un caballero de los negocios.". La Voz de Galicia. Consultado o 12 de abril de 2025. 
  3. "Fernando Conde Montero-Ríos". Cámara de Comercio de Vigo. Consultado o 12 de marzo de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]