Matamá, Vigo
Matamá | |
---|---|
Petróglifos de Redondelos. | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°12′01″N 8°44′22″O / 42.200313839329, -8.7394270218293 |
Poboación | 3.659 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 42[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Matamá é unha parroquia do concello de Vigo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 3.659 habitantes (1.757 homes e 1.902 mulleres). Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Coia, Comesaña e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 42 entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O topónimo Matamá é un fitónimo derivado de MATTA (de orixe prerromana) MALA (de orixe latina), referido a un terreo de pouca calidade ou difícil de traballar.[3]
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio é matamanexo[4].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Conta cun importante patrimonio arqueolóxico con restos da Idade de Bronce. Posúe mostras de arte rupestre no Monte Fabal, no barrio de Mó, en Gáspara, nas Tomadas e nos Sobreiros. Ademais, Matamá posúe dous poboados castrexos.
A igrexa parroquial de San Pedro é de estilo neoclásico e foi construída a finais do século XVIII. Na zona abundan as fontes e os lavadoiros e, nos barrios de Balsa e das Carneiras, hai varios muíños de auga. O cemiterio alberga o único cruceiro de Matamá, construído no 1691.
Na Zona Franca está situada a fábrica de PSA-Citroën.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Matamá
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Matamá no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
Balsa | Balvís | A Barxa | Beirán | Budiño | Campos | A Carapucha | Carballo | As Carneiras | A Carpinteira | O Castro | O Cocho de San Pedro | Coto do Mouro | A Devesa | O Fabal | Fontela | A Igrexa | A Lagarella | A Lameira | Loureiro | Maruxento | Mina das Carneiras | A Mó | O Outeiro | Parada | O Pazo | Pereiró | Raxó | A Revolta | Ribás | Ribelas | O Roupeiro | Sabarís | Salgueiral | San Amaro | Souteliño | Suolvido | As Veigas | A Veiguiña | Vilar | A Xesteira | Xuncal |
Parroquias de Vigo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2006). Fitotoponimia galega (PDF). A Coruña: Fundación Barrié. p. 334. ISBN 84-95892-53-7.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 28. Consultado o 22 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Matamá, Vigo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mosquera, Javier; Cameselle, Gillermo (1995). Vigo a través de sus barrios (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-87657-90-7.
- Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana (en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo. pp. 305–320.