Cimadevila, Castrofeito, O Pino
Cimadevila | |
---|---|
Casa de Cimadevila ao carón do Camiño Francés | |
Parroquia | Castrofeito |
Concello | O Pino |
Coordenadas | 42°54′24″N 8°23′50″O / 42.906527777778, -8.3973611111111 |
Poboación | 34 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cimadevila é un lugar da parroquia de Castrofeito, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 34 habitantes (15 homes e 19 mulleres).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Este casarío algo disperso encóntrase dividido entre as parroquias de Castrofeito e de Pereira, aínda que o IGE contabiliza a súa propia poboación para esta última parroquia. A división entre unha e outra parroquia ven determinada pola ladeira do monte da Barreira na que se atopa, unha na bacía do río Brandelos (Pereira) e outra na bacía do rego do Amenal (Castrofeito). Trátase dunha zona rural orientada ao leste cara á plataforma do aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro, polo que xusto neste lugar dá comezo unha acusada pendente, e tamén ao carón da N-547, poucos metros despois de ter pasado O Amenal. Como o Camiño Francés a Santiago pasa por esta pequena poboación xusto antes e durante a devandita suba ao aeroporto, tense desenvolvido unha pequena infraestrutura hostaleira neste lugar, especialmente xunto á estrada nacional.
O monte da Barreira de Arriba (que acada os 376 m de altitude), no que as dúas Cimadevilas se estriban na súa cara leste, non só serve de soporte a unha parte fundamental da pista de aterraxe do aeroporto, senón tamén á malograda infraestrutura do Polígono Industrial do Pino, que se ve atravesada polo Camiño tralo seu paso por Cimadevila[2].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Negocios ao carón da N-547
-
Suba ao monte de Barreira de Arriba
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castrofeito
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Castrofeito no concello do Pino (A Coruña) | |
---|---|
O Amenal | A Baixa | Cimadevila | Figueiroa | A Igrexa | O Pazo | O Pousadoiro | Rial | O Río Pequeno | Samil | Santiso | O Souto | O Tixoliño | Vilabuíl | Vilarrel |
Parroquias do Pino
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ Centro Nacional de Información Geográfica, ed. (2014). Mapa Topográfico Nacional de España. MTN25. 95-III (09-14). San Marcos (Mapa) (3ª ed.). 1:25.000. Madrid.