Circuíto Internacional de Sepang
Circuíto Internacional de Sepang | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Inauguración | 7 de marzo de 1999 |
Outros nomes | |
Carreiras | FIA Fórmula 1, FIM MotoGP, A1 Grand Prix, SuperGT, Asian Touring Car Championship, FIA GP2 Series Asia |
Localización | Sepang, Selangor, Malaisia |
Capacidade | 80.000 espectadores |
Lonxitude | 5,543 km. |
Curvas | 15 |
Volta rápida (2017) | 1:34.080 |
Piloto récord | Sebastian Vettel |
Escudería récord | Ferrari |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
O Circuíto Internacional de Sepang (Malaio: Litar Antarabangsa Sepang) é unha pista de carreiras para os deportes de motor localizada en Sepang, Selangor, Malaisia. Atópase preto do aeroporto internacional de Kuala Lumpur, a uns 45 km ao sur da capital, Kuala Lumpur. Foi o lugar utilizado para o Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1 ata 2017, e aínda se utiliza para o Gran Premio de Malaisia de Motociclismo, Malasia Merdeka Endurance Race e outros eventos importantes dos deportes de motor.
Considerado un parámetro de comparación para outros Grandes Premios, Sepang conta con boxes e salas de prensa equipados con moderna tecnoloxía. Xurdiron algunhas queixas a raíz do estado da pista, que parecese estar afundíndose levemente. Unha posible razón que explicaría isto é o feito de que o autódromo está construído sobre terreos pantanosos.
Historia
[editar | editar a fonte]O circuíto foi deseñado polo prestixioso arquitecto alemán Hermann Tilke, quen logo sería contratado para a construción dos autódromos de Xangai, Bahrain, Istanbul, Valencia, Marina Bay, Yas Marina, Yeongam, Greater Noida e Austin.
O circuíto foi inaugurado oficialmente polo Primeiro Ministro de Malaisia Mahathir bin Mohamad o 7 de marzo de 1999 ás 20:30 horas MST (UTC+08:00). Posteriormente, inaugurou o 20 de abril de 1999 o primeiro Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de MotoGP, (ver Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de 1999) e o primeiro Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1 o 17 de outubro de 1999 (ver Gran Premio de Malaisia de 1999).
O 23 de outubro de 2011, na segunda volta do Gran Premio de Motociclismo de Malaisia de 2011 de MotoGP, o italiano de Motorcycle racing [Marco Simoncelli] morreu na curva 11 tras sufrir unha caída e ser atropelado por Colin Edwards e Valentino Rossi.
En outubro de 2016 propúxose que o circuíto de Sepang podía caer do calendario da Fórmula Un debido á diminución de venda de entradas.[1]. En 2017 disputouse o último Gran Premio de Malaisia de Fórmula 1.
Circuítos
[editar | editar a fonte]Circuíto principal
[editar | editar a fonte]O circuíto principal, que normalmente é percorrido no sentido das agullas do reloxo, ten 5,54 quilómetros de extensión e é recoñecido polas súas curvas pechadas e as súas anchas rectas. O deseño é bastante infrecuente, destacándose a presenza dunha recta interior que se separa da recta principal de boxes por unha pequena pinza. Este circuíto utilízase para eventos de Fórmula 1 e MotoGP, así como tamén para carreiras a nivel local e rexional.
Características
[editar | editar a fonte]- Capacidade espectadores: 80.000
- Lonxitude do circuíto: 5´542 quilómetros.
- Distancia da carreira de Fórmula 1: 56 voltas = 310´408 quilómetros. 15 curvas en total.
- Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 312 km/h con DRS, 300 km/h sen DRS
- Aceleración a fondo: 65% do tempo de volta.
- Tempo de freado: 15% do tempo da volta.
- Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
- Consumo de combustible: kg por volta.
- Cambio de marchas por volta:
- Número de zonas de freado:
- Desgaste dos freos: medio
- Desgaste dos pneumáticos:
- Distancia dos Boxes:
- Perda de tempo nunha parada en boxes:
- Tempo total necesario para a parada en boxes: 22 segundos
- Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´36 segundos.
- Marca volta: Juan Pablo Montoya (Williams), 1.34.223 en 2004
Circuíto norte
[editar | editar a fonte]Tamén percorrido normalmente no sentido das agullas do reloxo, o circuíto norte está composto basicamente pola primeira metade do cicuito principal. O percorrido dobra cara á recta de boxes logo da curva 6, e ten 2,71 km de extensión.
Circuíto sur
[editar | editar a fonte]O circuíto sur está formado pola outra metade do circuíto principal. A recta interior é este último transfórmase na de boxes cando se utiliza o circuíto sur, uníndose á curva 8 para formar unha pinza. Percorrido no mesmo sentido que os dous circuítos anteriores, conta cun percorrido de 2,61 km.
Outras instalacións
[editar | editar a fonte]O Circuíto Internacional de Sepang conta ademais con pistas de kart e motocrós.
Custo do circuíto
[editar | editar a fonte]O custo do circuíto é de aproximadamente uns 150 millóns de dólares.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Sepang
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1999 | Eddie Irvine | Ferrari | 1:36:38,494 h | 5,542 km | 56 | 192,682 km/h | 17. outubro | Malaisia |
2000 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:35:54,235 h | 5,543 km | 56 | 194,199 km/h | 22. outubro | |
2001 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:47:34,801 h | 5,543 km | 55 | 170,031 km/h | 18. marzo | |
2002 | Ralf Schumacher | Williams - BMW | 1:35:36,792 h | 5,543 km | 56 | 194,790 km/h | 17. marzo | |
2003 | Kimi Räikkönen | McLaren - Mercedes | 1:32:22,195 h | 5,543 km | 56 | 201,629 km/h | 23. marzo | |
2004 | Michael Schumacher | Ferrari | 1:31:07,490 h | 5,543 km | 56 | 204,384 km/h | 21. marzo | |
2005 | Fernando Alonso | Renault | 1:31:33,736 h | 5,543 km | 56 | 203,408 km/h | 20. marzo | |
2006 | Giancarlo Fisichella | Renault | 1:30:40,529 h | 5,543 km | 56 | 205,297 km/h | 19. marzo | |
2007 | Fernando Alonso | McLaren-Mercedes | 1:32:14,930 h | 5,543 km | 56 | 201,894 km/h | 8. abril | |
2008 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1:31:18,555 h | 5,543 km | 56 | 203,971 km/h | 23. marzo | |
2009 | Jenson Button | Brawn GP - Mercedes | 0:55:30,622 h | 5´543 km | 32 | 171´833 km/h | 5. abril | |
2010 | Sebastian Vettel | Red Bull Racing | 1:33:48,412 h | 5´543 km | 56 | 198´541 km/h | 4. abril | |
2011 | Sebastian Vettel | Red Bull Racing | 1:37:39.832 h | 5´543 km | 56 | 190´700 km/h | 10. abril | |
2012 | Fernando Alonso | Ferrari | 2:44:51.812 h | 5´543 km | 56 | 112´969 km/h | 25. marzo | |
2013 | Sebastian Vettel | Red Bull Racing | 1:38:56.681 h | 5´543 km | 56 | 188´231 km/h | 24. marzo | |
2014 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1:40:25.974 h | 5´543 km | 56 | 185´441 km/h | 30. marzo | |
2015 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1:40:25,974 h | 5´543 km | 56 | 185´442 km/h | 29. marzo | |
2016 | Daniel Ricciardo | Red Bull - TAG Heuer | 1:37:12.776 h | 5´543 km | 56 | 191´584 km/h | 2. outubro | |
2017 | Max Verstappen | Red Bull - TAG Heuer | 1:30:01.290 h | 5´543 km | 56 | km/h | 1. outubro |
Record: M.Schumacher e Fernando Alonso (3 Veces)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Malaysian Grand Prix: Sepang could leave F1 calendar over ticket sales". www.bbc.com/sport. Consultado o 25 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Circuíto Internacional de Sepang |