Ciro Guerra
(2017) | |
Nome orixinal | (es) Ciro Alfonso Guerra Picón |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de febreiro de 1981 (43 anos) Río de Oro, Colombia (pt) |
Educación | Universidade Nacional de Colombia |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista |
Período de actividade | 1998 - |
Ciro Guerra, nado o 6 de febreiro de 1981, é un director e guionista colombiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2004 realizou o seu primeiro filme, La sombra del caminante, que resultou candidato colombiano ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 78ª edición dos premios mais non foi nomeado. O seu seguinte filme, Los viajes del viento, competiu na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes de 2009[1] e foi escollido como candidato colombiano 82ª edición dos premios, mais tampouco foi escollido. O seu filme de 2015 El abrazo de la serpiente foi proxectado na sección "Quinzaine des Réalisateurs" do Festival de Cannes de 2015,[2][3] onde gañou o premio C.I.C.A.E. Gañou o premio de mellor filme no Festival Internacional de Cinema de Odesa e Lima, onde tamén recibiu o premio. O filme estivo entre os nomeados na 88ª edición dos premios, sendo o primeiro filme colombiano en ser nomeado na historia.[4]
En 2018 Guerra estreou o seu cuarto filme, Pájaros de verano. Rodado no deserto de La Guajira, Colombia, Guerra declarou que é "como un filme de gángters, mais é algo completamente diferente a calquera filme de gángsters que viras xamais".[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ festival-cannes.com (ed.). "Festival de Cannes: The Wind Journeys". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2014. Consultado o 17 de maio de 2009.
- ↑ Quinzaine des Réalisateurs (ed.). "The Directors' Fortnight 2015 selection!". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2015. Consultado o 21 de abril de 2015.
- ↑ Justin Chang (21 de abril de 2015). Variety, ed. "Cannes: Directors’ Fortnight Unveils 2015 Lineup". Consultado o 21 de abril de 2015.
- ↑ Ford, Rebecca (14 de xaneiro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscar Nominations: The Complete List". Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Ciro Guerra Interview - Embrace of the Serpent; director reveals his next movie will be 'like a gangster film'". Flickreel. 10 de xuño de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2016.
- ↑ de la Fuente, Anne Marie. "Colombia’s Caracol TV Boards Ciro Guerra’s ‘Birds of a Passage’". Variety.