Los viajes del viento
Aparencia
Los viajes del viento | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Los viajes del viento |
Director | Ciro Guerra |
Produtor | Diana Bustamante Cristina Gallego |
Guión | Ciro Guerra |
Intérpretes | Marciano Martínez Yull Núñez |
Música | Iván Ocampo |
Fotografía | Paulo Andrés Pérez |
Montaxe | Iván Wild |
Estudio | Ciudad Lunar Producciones World Cinema Fund ZDF arte Razor Films Cine Ojo Voya Films |
Distribuidora | Cineplex |
Estrea | 1 de abril de 2009 |
Duración | 117 minutos |
Orixe | Colombia Alemaña Países Baixos Arxentina |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.losviajesdelviento.net/ | |
Los viajes del viento é un filme de 2009 escrito e dirixido por Ciro Guerra. É unha coprodución entre Colombia, Alemaña, os Países Baixos e a Arxentina, e foi rodado en 80 localizacións do norte de Colombia.[1] Está rodado en castelán, palenquero, wayuu e arhuaco. Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 82ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme conta a historia do músico de vallenato Ignacio Carrillo (interpretado polo músico Marciano Martínez) que é seguido por Fermín, un rapaz que quere ser o seu aprendiz, nunha viaxe para devolver o instrumento ó seu dono orixinal, o home que outrora foi o seu mentor.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Marciano Martínez como Ignacio Carrillo
- Yull Núñez como Fermín Morales
- Agustín Nieves como Ninz
- José Luis Torres como Meyo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ María Alejandra Pautassi (21 de marzo de 2009). Semana, ed. "Hay que salir de Colombia". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 2 de maio de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Los viajes del viento na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)