El rey (filme de 2004)
El rey | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | El rey |
Director | José Antonio Dorado Zúñiga |
Produtor | Daniel Lesoeur |
Guión | Antonio Dorado Fulvio González |
Intérpretes | Fernando Solórzano Cristina Umaña Marlon Moreno Olivier Pagès Vanessa Simon Raúl Aranda Diego Vélez Elkin Díaz Juan Sebastián Aragón |
Música | Fernando Aguilar |
Fotografía | Juan Cristóbal Cobo Alain Hardy Paulo Pérez |
Montaxe | Antonio Frutos |
Estudio | Fundación Imagen Latina |
Estrea | 1 de outubro de 2004 |
Duración | 93 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
El rey é un filme colombiano de 2004 dirixido por José Antonio Dorado Zúñiga. Foi unha coprodución internacional entre Colombia, Francia e España. Conta a historia de Pedro Rey e os inicios do narcotráfico en Colombia. Foi gañador de diversos premios culturais e de selección pública arredor do mundo. Estivo nomeado ós Premios Goya en España e foi candidato de Colombia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 77ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme, que está ambientado na cidade de Cali a finais da década de 1960, conta a historia de Pedro Rey, un dos primeiros xefes dos cárteles colombianos do narcotráfico, o seu progreso dende a propiedade dun local nocturno até chegar a dominar o mercado dos Estados Unidos e a súa posterior caída. Na historia, nárrase a corrupción de tódolos estamentos políticos, que permiten que a xente sen principios poida ascender a base de asasinatos e cartos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (22 de outubro de 2004). "50 Countries in Competition for Oscar". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2007. Consultado o 8 de xullo de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar