Saltar ao contido

Alias María

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alias María
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalAlias María
DirectorJosé Luis Rugeles Gracia
ProdutorFederico Durán
GuiónDiego Vivanco
IntérpretesKaren Torres
Carlos Clavijo
Erick Ruiz
Anderson Gómez
MúsicaCamilo Sanabria
FotografíaSergio Iván Castaño
MontaxeDelfina Castagnino
Estrea3 de abril de 2015
Duración91 minutos
Orixe Colombia
XéneroDrama
Na rede
http://www.aliasmaria.com/
IMDB: tt3685554 Filmaffinity: 190898 Allocine: 237399 Rottentomatoes: m/alias_maria Editar o valor en Wikidata

Alias María é un filme colombiano de 2015 dirixido por José Luis Rugeles Gracia. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015.[1][2] Recibiu o premio Cabras Douradas ó mellor filme para a mocidade no Festival Ale Kino! de 2016.[3] Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]

Conta a historia de María, unha nena de 13 anos membro dunha unidade guerrilleira de Colombia. Ela é enviada nunha misión especial xunto con outras tres persoas para poñer a salvo o fillo do comandante, estando ela mesma embarazada.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Carlos Clavijo como Mauricio
  • Anderson Gómez como Byron
  • Carmenza González como muller do doutor
  • Lola Lagos como Diana
  • Julio Pachón como doutor
  • Erik Ruiz como Yuldor
  • Karen Torres como María
  • Fabio Velazco como o comandante
  1. Cannes (ed.). "2015 Official Selection". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 16 de abril de 2015. 
  2. Festival de Cannes, ed. (6 de maio de 2015). "Screenings Guide". Consultado o 8 de maio de 2015. 
  3. "Ale Kino! Official Homepage". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2018. Consultado o 08 de xaneiro de 2020. 
  4. Mango, Agustin (12 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Colombia Selects 'Alias Maria' for Foreign-Language Category". Consultado o 12 de setembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]