La estrategia del caracol
Aparencia
La estrategia del caracol | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La estrategia del caracol |
Director | Sergio Cabrera |
Produtor | Sergio Cabrera Salvo Basile Sandro Silvestri |
Guión | Humberto Dorado Ramón Jimeno Sergio Cabrera Jorge Goldenberg |
Intérpretes | Humberto Dorado Florina Lemaitre Fausto Cabrera Frank Ramírez Víctor Mallarino |
Música | Germán Arrieta |
Fotografía | Carlos Congote |
Estudio | Caracol Television |
Estrea | 23 de decembro de 1993 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Colombia |
Xénero | Comedia e drama |
Na rede | |
La estrategia del caracol é un filme colombiano de 1993 dirixido e producido por Sergio Cabrera.[1] Está protagonizado por Frank Ramírez, Florina Lemaitre, Humberto Dorado, Fausto Cabrera e Carlos Vives. Gañou premios en varios festivais, como o Festival Internacional de Cinema de Berlín e o Festival de Cinema de Biarritz de Cinema de América Latina. O filme aborda as dificultades das familias de baixos ingresos en Bogotá, a fenda entre ricos e pobres e as súas interaccións nun sistema social altamente estratificado. O filme foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 67ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Carlos Vives como José Antonio Pupo
- Frank Ramírez como "Perro" Romero
- Fausto Cabrera como Jacinto Ibarburen
- Vicky Hernández como Eulalia
- Ernesto Malbran como Lázaro
- Florina Leimatre como Gabriel/Gabriela
- Humberto Dorado como Víctor Honorio Mosquera
- Victor Mallarino como Dr. Holguín
- Luis Fernando Munera como Gustavo Calle Isaza "el paisa"
- Edgardo Roman como xuíz Díaz
- Sain Castro como Justo
- Delfina Guido como Misia Trina
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ NY Times (ed.). "The Strategy of the Snail". Consultado o 27 de setembro de 2015.
- ↑ Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La estrategia del caracol na IMDb (en inglés).