Saltar ao contido

Citania: Artes, Letras, Espectáculos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Citania
artes, letras, espectáculos
FundaciónPrimavera - Verán 1998
RemataPrimavera - Verán 2003
DirectorEuloxio R. Ruibal
María Antonia Pérez
LinguaPrincipalmente galego
PeriodicidadeSemestral
Prezo1.800 pta/ano (10,82 €)
ISSN1139-3092
editar datos en Wikidata ]

A revista Citania: Artes, Letras e Espectáculos[1] foi unha revista creada por Euloxio R. Ruibal [2] no ano 1998 e posteriormente dirixida por el e máis María Antonia Pérez. A súa base sitúase en Santiago de Compostela e publicou un total de catro números até o ano 2003.

Era unha publicación de carácter crítico arredor das disciplinas artísticas do momento e a súa relevancia, enfocándose nas artes gráficas, escénicas e na literatura nas súas diversas variedades. Contou con múltiples colaboradores en cada un dos seus números sendo algúns deles habituais.

A esta revista asóciase á Galería Citania tamén dirixida por Euloxio R.Ruibal[3][4]. É importante ter en conta que a revista non ten conexión coa Editorial Citania.

Citania, a revista, publicou o seu primeiro número no ano 1998 , da man de Euloxio R. Ruibal e María Antonia Pérez. Aínda que non tivo unha gran cantidade de publicacións (só publicou catro números), o seu contido artístico tivo un bo acollemento por parte de moitos autores e artistas que axudaron a creación de contidos e mais publicacións.

Un dos puntos fortes de Citania, a maiores do seu estilo crítico, foi a gran diversidade e variedade das creacións que nela se publicaba, xa que os temas tratados variaban desde críticas centradas no campo da literatura comparada até a publicación de obras de teatro, poesía ou narrativa.

A creación desta revista débese principalmente ao impulso e apoio que deron Euloxio R. Ruibal e María Antonia Pérez , incansábeis activistas que foron os principais promotores da súa creación, aportando a idea e iniciando un achegamento aos escritores do momento.

A intencionalidade da revista nun inicio era poder ofrecer un punto de vista crítico sobre a arte do momento e no cal puideran participar grandes ilustres.

Intencionalidade

[editar | editar a fonte]

Citania pode considerarse unha revista cunha gran diversidade en canto a súa temática, principalmente cun punto crítico e científico, mais tamén se consideraba unha revista de entretemento e ocio. Isto comprobase nos diferentes apartados e temáticas que nela encontramos, así como na sección “ Artigos” onde temos artigos de opinión crítica por parte dos autores e expertos no tema a tratar. No extremo oposto, encontramos obras de teatro ou unha sección de poesía para que o lector se poida recrear.

Contidos xerais

[editar | editar a fonte]

Os catro números da revista teñen unha estrutura similar. Nalgúns números algunhas seccións son substituídas por outras mais a esencia principal da revista non desaparece; no primeiro número hai unha sección exclusiva adicada a estudios mentres que perdemos a sección de críticas de libros. A estrutura principal da revista que continuará en todas as posteriores son: artigos, creación, crónicas, libros, notas e conversa.

Citania comeza cun aspecto máis xeral para finalizar creando unha estrutura practicamente uniforme na que destacan seccións como o espazo destinado a novas creacións, as crónicas, as críticas de libros... e remata sempre cunha conversa entre persoas de interese cultural e unha sección de notas. Así mesmo, podemos observar en todos os exemplares unha listaxe final de todos os colaboradores que participaron nese número.

Colaboradores

[editar | editar a fonte]

A revista contaba cunha serie de colaboradores pertencentes a Universidades tanto de Galiza ( Chema Paz Gago da UDC e Alberto Ruíz Samaniego da Universidade de Vigo), como do resto de España (Camilo Fernández de Valdehorras da Universidade de Barcelona e Enrique Herrera da Universidade de Valencia). Tamén contou con participación do estranxeiro como Germán Gullón da Universidade de Ámsterdam e Emmanuel Larraz da Universidade de Provenza. Por outra banda, a revista contou con colaboradores como Raúl Dans, (guionista en RNE e RCE), Sury Sánchez (autora dramática, actriz e profesora de expresión corporal) ou Mario Camus (guionista e director de cine), todos eles colaboradores da revista moi ligados ao mundo artístico.

Revista 1

[editar | editar a fonte]

Estudios

Notas

  • Anxo Abuín

Creación

Crónicas

Conversa

Entrevista de José Luís Fernández a Helmuth Riling e Maximino Zumalave

Revista 2

[editar | editar a fonte]

Artigos

Notas

  • Mª del Carmen Sánchez Carrero

Creación

Crónicas

  • Catalina Mígue Vilas
  • Sury Sánchez Montero
  • Alejandro Alonso Mª Fernández Montes e David García

Libros

Conversa

Conversa entre: Carlos Almuíña Díaz, Xosé Santiago Allegue e Daniel Beiras García-Sabell (Coordinadora da conversación: Mª Antonia Pérez)

Revista 3

[editar | editar a fonte]

Artigos

Notas

  • Pascual López

Creación

Crónicas

Libros

  • Inmaculada López Silva
  • Mª Teresa Vilariño Picos
  • Antonio López Silva
  • Cristina Blanco González

Conversa

Conversa entre: Camus, González Herrán, Hueso e Fra

Revista 4

[editar | editar a fonte]

Introdución por Ana María Platas

Artigos

  • Miguel Sicart Vila
  • Fernando Redondo
  • José Víctor Carou

Notas

  • Henrique Romero Bustelo

Creación

Crónicas

Libros

  • Juan Jesús Valverde
  • Moldoveanu, Mihail
  • Enrique Herreras

Conversa

Conversa entre: Inma López Silva, Alonso Montero, Salvat e Díaz Pardo

  1. "Citania, revista de artes, letras e espectáculos". www.vieiros.com. Consultado o 2019-02-05. 
  2. "Membros da Academia - Plenario - Real Academia Galega". academia.gal. Consultado o 2019-02-05. 
  3. García-Bodaño, Salvador. "A Citania das Artes". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-02-05. 
  4. "Nova etapa da galería Citania dirixida por Cristina Carballedo". La Voz de Galicia. 2011-05-05. Consultado o 2019-02-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]