Miguel Vázquez Freire
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 ![]() Corcubión, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, catedrático, tradutor ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Miguel Vázquez Freire, nado en Corcubión en 1951, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid, licenciándose na especialidade de Filosofía. Exerceu como profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.[1]
Foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia. Foi promotor de Pé de Imaxe e de Nova Escola Galega.[2]
Colaborou como crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións,[3] como a Revista Galega de Educación, Cuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo e nas páxinas culturais e educativas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Foi coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais, desde 1990 ao ano 2003.[4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Proxecto pomba dourada (1987) Vía Láctea. Reeditado por Xerais, Colección Fóra de Xogo. 4ª ed. 2007. 160 páxs. ISBN 978-84-9782-609-9. ePub: ISBN 978-84-9121-170-9.
- O Gato Bógar (1989). Xerais. ISBN 978-84-7507-376-7. Tres contos.
- A malvada María Xosé (1989). Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Xosé Mª Collazo. 192 páxs. 11ª ed. ISBN 978-84-9782-498-9.[5]
- A cor do elefante (1994). Casals.
- Anxos en tempos de chuvia (1997) Xerais, Colección Fóra de Xogo. 224 páxs. 13ª ed.[6] ISBN 978-84-9782-682-2.[7] Traducida ao catalán,[8] ao portugués[9] e ao castelán.[10] Novela, incluída na Lista de Honra do IBBY.
- O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos (1998).
- A primeira máquina de fotos (1998).
- María é maior (2007). Baía. 24 paxs. Ilustracións de Xosé Tomás. ISBN 978-84-96893-26-9.
- Contos de Reis e de Nadal (2007). Xerais. Ilustracións de Xosé Tomás. ISBN 978-84-9782-632-7.
- Xurxiño quere ser... (2010). Baía. 56 páxs. Ilustracións de Xosé Tomás. ISBN 978-84-92630-44-8. Traducida ao catalán.[11]
- O souto escuro e perigoso (2011). Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Xosé Tomás. 40 páxs. ISBN 978-84-9914-097-1.
- Fadita fosca (2013). Baía. 48 páxs. ISBN 978-8499950747.
- O moucho voa. Filosofía en 25 conversas (2022). Vigo: Xerais, Seica. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-143-1. ePub: ISBN 978-84-1110-162-2.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos (1993). Xerais. ISBN 978-84-7507-755-0.
- Demos de verán (2017). Xerais. 296 páxs. ISBN 978-84-9121-238-6.[12] ePub: ISBN 978-84-9121-238-6.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Follas acaídas. Versos de ocasión (2013). Aflera D.L., Madrid. ISBN 978-84-96523-54-8.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Ilustradores galegos para nenos (1991). Xerais. ISBN 84-453-0212-4.
- Marabillas e milagres de Álvaro Cunqueiro (1991). Xerais. ISBN 84-7507-562-2.
- Nietzsche C.O.U. (1991). Xerais. ISBN 84-7507-538-X.
- O Curriculum (1992). Xerais. ISBN 84-7507-656-4.
- Qué é a reforma (1992). Xerais. ISBN 84-7507-614-9.
- Iniciación á Estética 3º BUP (1993). Xerais. ISBN 978-84-7507-736-9.
- Política e Sociedade 3º BUP (1993). Xerais. ISBN 978-8475077512.
- Mandar, obedecer, rebelarse (1996). Xerais. ISBN 84-8302-033-5.
- Estética e teatro (2005). Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-8288-881-1.
- Valores sociais (2006). Nova Galicia. ISBN 84-85401-32-8. En Portugués: Os valores sociais (2008). Ciranda Cultural, Sao Paulo. ISBN 978-85-380-0197-3.
- Dereitos humanos (2007). Noga Galicia. ISBN 978-84-96950-61-0. En Portugués: Os direitos humanos (2008). Ciranda Cultural, Sao Paulo. ISBN 978-85-380-0159-1.
- Da Carapuchiña ao señor Lamote (2019). Xerais. 320 páxs. ISBN 978-84-9221-560-8. ePub: ISBN 978-84-9121-576-9.
- De Compostela a Braga e de Braga a Compostela. O Pío Latrocinio e outras vellas inimizades (2022). Edicións Positivas. 102 páxs. ISBN 978-8412475449.
Traducións
[editar | editar a fonte]- A luva de tres dedos, de Maurice Tillieux, 1990, Casals.
- Descartes, de Xosé Calviño Pueyo, 1990, Xerais.
- O tío Plácido, de Peyo e Walthéry, 1990, Casals.
- Os taxis vermellos, de Peyo, 1991, Casals.
- O circo Bodoni, de Peyo, Casals, 1991.
- O home que non quería soñar. Historias pequenas de bichos pequenos, de Álvaro de Magalhaes, 1995, Xerais
- O discurso do método, de René Descartes, 2000, Xerais.
- Arredor da verdade, de Guillermo Domínguez, 2003, Xerais.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- O rapaz que non quería ser heroe nin sabía dicir amor, incluído en Os contos da campaña (3), 1992, Xunta de Galicia.
- A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos, en Sempre no Camiño. 1º Concurso de obras teatrais inéditas Camiño de Santiago, con Gloria Sánchez, 1995, Xunta de Galicia.
- Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Camiño de Santiago de Teatro de monicreques no 1993, pola obra A princesiña Socorro, o trobeiro carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Autores - Vázquez Freire, Miguel". baiaedicions.gal. Consultado o 2019-10-18.
- ↑ "Coñecemos un pouco máis a Miguel Vázquez Freire – Editorial". Consultado o 2019-10-18.
- ↑ "autor/a. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-18.
- ↑ "Miguel Vázquez Freire". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-18.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-18.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-18.
- ↑ Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
- ↑ "Àngels en temps de pluja". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Anjos em Tempo de Chuva". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Ángeles en tiempos de lluvia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Jo de major vull ser". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-18.