Ciudad Perdida
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Serra Nevada de Santa Marta | |||
Localización | ||||
División administrativa | Magdalena, Colombia | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 975 m | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 29 de outubro de 1993 | |||
Identificador | 147 | |||
Ciudad Perdida, Buritaca-200 ou Teyuna é un antigo poboado indíxena e sitio arqueolóxico. Foi construído arredor do século VII ou VIII, uns 650 anos antes que Machu Picchu. Hoxe forma parte dos máis de 250 poboados antigos dos catro grupos indíxenas da cara norte e suroeste da Serra Nevada de Santa Marta, no departamento de Magdalena de Colombia.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Ciudad Perdida foi construída arredor do ano 700 ou 800 por comunidades indíxenas tayronas.[1][3] Foi descuberta en 1976 por un equipo de arqueólogos do Instituto Colombiano de Antropoloxía dirixido por Alvaro Soto e encabezado por Gilberto Cadavid e Luisa Fernanda Herrera e restaurada case na súa totalidade.[3]
Os membros dos pobos locais, os arhuacos, os koguis e os wiwas, declararon que visitaron o sitio con regularidade antes de que fose amplamente descuberto,[2] pero gardaran silencio ó respecto. Chaman a Ciudad Perdida "Teyuna" e cren que foi o corazón dunha rede de aldeas habitadas polos seus devanceiros, os tayrona.
Ciudad Perdida foi probablemente o centro político e manufactureiro da rexión a beiras do río Buritaca e puido ter albergado entre 2.000 e 8.000 persoas. Aparentemente foi abandonada durante a conquista española.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Historia". laciudadperdida.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 15 de setembro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 "Ciudad Pérdida – Sierra Nevada de Santa Marta – Tayrona". ciudadperdidatour.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2014. Consultado o 15 de setembro de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 "Ciudad Perdida: la puerta al pasado en la Sierra Nevada de Santa Marta". colombia.travel. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2014. Consultado o 15 de setembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ciudad Perdida |