Saltar ao contido

Clan Arthur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Clan MacArthur»)
Clan Arthur
Emblema
Lema: FIDE ET OPERA (Latín: Non esquecemos)
Slogan: Eisd, o Eisd!
Perfil
Rexión Highlands
Distrito Argyll
Planta emblema Wild Myrtle
Fir Club Moss
Nome gaélico Clann Artair
Xefe

John Alexander MacArthur
Xefe do Clan Arthur



O Clan Arthur (en escocés: Clann Artair) ou Clan MacArthur é un clan escocés das Highlands que habitaron as terras do Lago Awe opostas a Inishail. É un dos clans máis antigos de Argyll. O Clan Arthur e o Clan Campbell comparten unha orixe común, e nalgún momento, os MacArthurs desafiaron o liderado da familia Campbell. Unha póla familiar dos MacArthurs na illa de Illa de Skye foron un sept dos MacDonalds de Sleat, e foron gaiteiros para os MacDonalds das Illas. A finais do século XVIII, o xefe do clan morreu sen herdeiro, deixando o clan sen líder ata finais do século XX. No 2002, foi recoñecido o primeiro xefe do Clan Arthur despois de 230 anos.

Mac Arthur por Robert Ronald McIan, da obra Highland Clans de Logan (1845).

Historia antiga

[editar | editar a fonte]

Durante o reinado de Alexander III (r.1249-1286), o clan Campbell fixo a súa primeira aparición, e foi dividido en dúas pólas familiares os Mac Cailinmor e os Mac Arthur.[1] O historiador do século XIX William F. Skene escribiu que durante o reinado de Roberto I (r.1306–1329), os Mac Cailinmor (os Campbell) non posuían ninguha terra no que hoxe é Argyll, mentres que a Mac Arthur, xefe da póla Mac Arthur pertencíalle un extenso territorio no condado de Garmoran, o cal era o asentamento orixinal dos Campbell.[1] Skene escribiu que "é polo tanto, imposible dubidar de que os Mac Arthur era daquela o xefe do clan, e esa posición mantívoa ata o reinado de Xacobe I de Escocia."[1]

Arthur Campbell, da póla Mac Arthur, xunto con Neil Campbell, dos Mac Cailinmor, apoiaron a Robert the Bruce e foron xenerosamente recompensados polo rei coas terras conquistadas ós inimigos.[1] Arthur Campbell foi nomeado gardián do Castelo de Dunstaffnage alén dun gran territorio no distrito de Lorn.[1] Durante o reinado de David II, os Mac Cailinmor fixéronse máis poderosos debido ó matrimonio de Sir Neil Campbell coa irmá de Robert I, e opuxéronse a que o control do clan fose dos Mac Arthur coa obtención dunha carta "Arthuro Campbell quod nulli subjictur pro terris nisi regi" por Arthur Campbell.[1]

En 1427, Xacobe I estableceu un parlamento en Inverness e convocou ós xefes das Highlands.[2] Iain MacArthur, o xefe dos MacArthurs, foi un dos infelices que foron degolados polo rei de Escocia. Este xefe fora descrito como "un gran príncipe entre o seu propio pobo e líder de mil homes".{{#tag:ref|"princeps magnus apud suos et dux mille hominum". Coa execución de Iain MacArthur e Alexander, Lord de Garmoran, os MacArthurs perderon a posesión de tódalas súas terras agás as de Strachur, Glenfalloch e Glendochart en Perthshire.[1][2] A partir dese intre, a póla "Mac Cailinmor" foi a líder do clan e os Campbell continuaron o seu ascenso no poder.[1]

Tartán dos MacArthur, Vestiarium Scoticum de 1842.
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Skene, William Forbes; Macbain, Alexander (ed.) (1902). The Highlanders of Scotland. Stirling (Scotland): E. Mackay. pp. 356–359. 
  2. 2,0 2,1 Anderson, William (1862). The Scottish Nation; Or The Surnames, Families, Literature, Honours, And Biographical History Of The People Of Scotland 2. Edinburgh: A. Fullarton & Co. p. 709. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]