Saltar ao contido

Clanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Clanes
FormatoSerie de televisión
Creado porJorge Guerricaetxevarría
Dirixido porRoger Gual
IntérpretesClara Lago
Tamar Novas
País de orixeEspaña
Lingua(s)Castelán e galego
Temporadas1
Episodios7
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio21 de xuño de 2024
Na rede
IMDB: tt27843828 Filmaffinity: 481581 Netlix: 81563540 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Clanes é unha serie de televisión por internet española de thriller e drama romántico creada e escrita por Jorge Guerricaetxevarría e dirixida por Roger Gual para Netflix. Está producida por Vaca Films e protagonizada por Clara Lago e Tamar Novas. Estreouse o 21 de xuño de 2024.[1]

Ana (Clara Lago) é unha avogada que, logo da morte do seu pai, se establece na vila de Cambados. Alí establece contacto con Daniel (Tamar Novas), fillo dun importante narcotraficante e cabeza visible do «clan dos Padín», mentres o seu pai permanece en prisión. Ana, con ampla experiencia nun dos mellores bufetes de Madrid, decidiu empezar de cero en Cambados coa intención de saldar contas co seu pasado.[2]

Episodios

[editar | editar a fonte]
N.º
(serie)
Título Director(es) Guionista(s) Data de estrea
1 "Episodio 1" Roger GualJorge Guerricaechevarría21 de xuño de 2024

 

2 "Episodio 2" Roger GualJorge Guerricaechevarría21 de xuño de 2024

 

3 "Episodio 3" Roger GualJorge Guerricaechevarría21 de xuño de 2024

 

4 "Episodio 4" Roger GualJorge Guerricaechevarría21 de xuño de 2024

 

5 "Episodio 5" Roger GualJorge Guerricaechevarría21 de xuño de 2024

 

6 "Episodio 6" Roger GualJorge Guerricaechevarría21 de xuño de 2024

 

7 "Episodio 7" Roger GualJorge Guerricaechevarría21 de xuño de 2024

 

Produción

[editar | editar a fonte]

O 23 de maio de 2023 Netflix anunciou que comezara a rodaxe dunha nova serie sobre narcotráfico, titulada Clanes, creada e escrita por Jorge Guerricaechevarría, dirixida por Roger Gual, protagonizada por Clara Lago e Tamar Novas e producida por Vaca Films.[3] A rodaxe da serie tivo lugar en diversas localizacións de Galicia, Málaga, Xibraltar, Alxeciras, Madrid, Porto e Senegal.[4]

Lanzamento e mercadotecnia

[editar | editar a fonte]

O 6 de maio de 2024 Netflix lanzou o teaser de Clanes e programou a súa estrea para o 21 de xuño de 2024.[5] O 4 de xuño de 2024, Netflix lanzou o tráiler da serie.[6]

  1. "'Clanes': la narcoserie gallega de Netflix con Clara Lago y Tamar Novas ya tiene tráiler y fecha de estreno". Cinemanía (en castelán) (20 Minutos). 6 de maio de 2024. Consultado o 4 de xuño de 2024. 
  2. Carro, Guillermina (7 de maio de 2024). "Clanes, de Netflix, es la próxima serie española que te obsesionará". GQ (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2024. 
  3. Prieto, Belén (23 de maio de 2023). "Netflix anuncia 'Clanes', su nueva serie española protagonizada por Clara Lago y Tamar Novas". El Español (en castelán). Consultado o 11 de xuño de 2024. 
  4. Cámara, Nora (23 de maio de 2023). "Netflix retoma el narcotráfico en Galicia con su nueva serie al estilo 'Fariña'". Diez Minutos (en castelán). Consultado o 4 de xuño de 2024. 
  5. "Netflix anuncia la fecha de estreno de 'Clanes', su nueva serie española sobre narcos". Formula TV (en castelán). 6 de maio de 2024. Consultado o 11 de xuño de 2024. 
  6. "Netflix presenta a sus 'Clanes' en el tráiler oficial de la nueva serie de Tamar Novas y Clara Lago". Vertele (en castelán). 4 de xuño de 2024. Consultado o 11 de xuño de 2024.