Clara Corral
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xuño de 1847 Ourense, España |
Morte | 9 de febreiro de 1908 (60 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | escritora, autora |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Dimas Corral Rebellón |
Irmáns | Rita Corral Aller |
Clara Corral Aller, nada en Ourense o 8 de xuño de 1847 e finada na Coruña o 9 de febreiro de 1908, foi unha poeta galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla do médico e filósofo Dimas Corral Rebellón e de Clara Corral Aller. En 1852 trasladouse coa familia a Lugo. Orfa de pai e nai mudouse coas súa irmás Consuelo e Rita a Santiago de Compostela en 1868 e dedicouse ao seu labor literario. Consérvanse os seus poemas aparecidos na prensa da época, El Diario de Santiago, Revista Compostelana de Instrucción y Recreo e La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1884 trasladouse a vivir á Coruña co seu irmán e a súa cuñada. En 1891 publicou A Herminia, dedicado á súa sobriña orfa, filla da súa irmá Rita,[1] que foi, igual ca ela, membro correspondente da Real Academia Galega, creada en 1906.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Clara Corral escribiu empregando o galego e o castelán:[3]
- “Á una flor” (Almanaque de Galicia para uso de la juventud elegante y de buen tono, 1866)[1]
- “Armonías” (El Diario de Santiago, 1872-73)[3]
- “Mi ideal” (El Diario de Santiago)
- “Prismas” (El Diario de Santiago, 1872-73)
- “Una tempestad” (El Diario de Santiago, 1872-73)
- “Vendrá” (El Diario de Santiago, 1872-73)
- “Una lágrima” (La Revista Compostelana, 1876)
- “Lonxe vai miña alegría” (La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879)
- “O ben na terra” (La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879)
- “O día de San Antón” (La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879)
- ”A Herminia” (Pontevedra, 1891)[1]
- Poesías en gallego y asturiano (1980; edición de Dimas Romero Vázquez).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Los Corral Rebellón, saga de médicos y escritores oriunda de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-02-16. Consultado o 2021-02-22.
- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.
- ↑ 3,0 3,1 Armas García, Celia (2008). Consello da Cultura Galega, ed. "Clara Corral Aller". Cultura Galega. Álbum de mulleres. Consultado o 2021-02-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clara Corral |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castro, Brais do, ed. (2007). Galegas. A Coruña: Novos Vieiros/Gran Enciclopedia Galega. p. 29. ISBN 978-84-934925-4-0.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 305.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 539. ISBN 84-7492-465-0.
- González Paz, Carlos Andrés (ed.) (2014). Escritoras na Galicia do século XIX. IEGPS. pp. 90–93. ISBN 978-84-00-09895-7.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- "Corral Ayer, Clara". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Corral Ayer, Clara". Dicionario biográfico de Galicia I. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 279.
- Romero Vazquez, Dimas (1980). Clara Corral Aller 1847-1908. Poesias en gallego y castellano. A Coruña. ISBN 84-85319-21-4.