Clara do Roxo
![]() Clara do Roxo en 2019. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 ![]() Caracas, Venezuela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Clara Isabel Rodríguez Giráldez, coñecida como Clara do Roxo,[1] nada en Caracas en 1962, é unha escritora galega filla de emigrantes.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xeografía e Historia, cun mestrado en Escritura e Narración Creativa. É directora da escola on-line de escrita creativa Aliteraclara[2], profesora de escritura creativa en El Portal del escritor, onde dirixe o curso de relato, relato avanzado e contos infantís en lingua castelá[3].[4] Imparte cursos de escritura creativa presenciais para a Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo,[5] a Biblioteca do Porriño[6] e o café-teatro De Catro a Catro.[4] Imparte obradoiros baseados na escrita de Saramago, Antonio Tabucchi e Fernando Pessoa nas cidades de Porto e Lisboa
Preside Asociación cultural Catropatacos, na que se realizan actividades culturais e de apoio á lingua galega. Pertence ao colectivo 4GHATOS, de narradoras e músicos
Obras
[editar | editar a fonte]Obras individuais
[editar | editar a fonte]- A princesiña que conducía unha locomotora (2012). Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. 40 páxs. ISBN 978-84-9865-415-8.[7]
- A mamá que perdeu as cóxegas (2015). Vigo: Ed. Galaxia, Árbore. 96 páxs. ISBN 978-84-9865-583-4.[8]
- Sombras no Ensanche (2016I. Vigo: Ed. Elvira, Historias para coñecermos Vigo. 60 páxs. ISBN 978-84-945644-7-5.[9]
- Actrices secundarias (2019). Vigo: Ed. Elvira. 144 páxs. Ilustracións de Xavier Magalhães.[10] ISBN 978-84-948786-6-4. Edición tamén en castelán.[11]
- Mar e a pantasama das treboadas (2023). Deputación de Pontevedra. Relato.[12]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Obras breves de imaxinación (2012). Baía Edicións
- O Libro dos Reis Magos (2013). Ed. Galaxia
- aLiterarte (2015). Editorial Elvira
Premios
[editar | editar a fonte]- Segundo premio de Relatos Mulleres Progresistas no 2008, por Surrealidades
- Segundo premio de Relatos Cultura Quente no 2009, por Bandexa de entrada
- Primeiro premio de Relatos A Cividade de Mos no 2009, por Os mortos de Manolo e 2010, por Perfume de podremia
- Primeiro premio do Certame de relatos Concello de Mugardos no 2010, por Soñar en branco e negro
- Accésít no Premio Modesto R. Figueiredo no 2010, por Retallos da memoria perdida
- Primeiro premio no Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2011, por A muller que deu a volta arredor de si mesma
- Primeiro premio do Café De Catro a Catro no 2011, por O neno do ollar fuxidío
- Accésit no Certame de relatos Manuel Oreste de Paradela no 2011, por Os nós da madeira
- Terceiro premio no Certame Voces da terra, dos Comités de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela no 2011, por Tremer
- Accésit no XXXIX Certame Nacional Galego de narracións breves Modesto R. Figueiredo do 2013, por Art decó
- Primeiro premio no certame Dillo a quen maltrata 2014 por O programa
- Primeiro premio no certame de microrrelatos Mulleres Progesistas 2015 por O tupper
- Finalista no premio Torrente Ballester de novela en lingua galega 2018, por Actrices secundarias[13][14][15][16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-12-04.
- ↑ "Aliteraclara. Escola galega de escrita creativa". www.aliteraclara.com. Arquivado dende o orixinal o 12-04-2019. Consultado o 20-6-2019.
- ↑ "Clara do Roxo". Portal del Escritor (en castelán). Consultado o 20-6-2019.
- ↑ 4,0 4,1 "Curso de Escritura Creativa presencial con Clara do Roxo - 11 MAR 2019". web.archive.org. 12-4-2019. Archived from the original on 12-04-2019. Consultado o 20-6-2019.
- ↑ "Clara do Roxo imparte un curso de escritura creativa para adultos en el Casco Vello". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 20-6-2019.
- ↑ Bibliotecario, David (2017-02-10). "Obradoiro de escritura creativa". Biblioteca do Porriño. Consultado o 20-6-2019.
- ↑ "A princesiña que conducía unha locomotora". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-12-04.
- ↑ "A mamá que perdeu as cóxegas". galaxia.
- ↑ "Sombras no Ensanche". Editorial Elvira. Consultado o 2023-12-04.
- ↑ "Actrices secundarias - Castellano". Editorial Elvira (en castelán). Consultado o 2023-12-04.
- ↑ Nicolás, Ramón (2019-09-14). "Actrices secundarias, de Clara do Roxo". Caderno da crítica. Consultado o 2023-12-04.
- ↑ "Detalle Agenda - Diputación de Pontevedra - DEPO". Diputación de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2023-12-04.
- ↑ Prieto, Moncha (30-8-2019). "“Actrices secundarias”, unha novela sobre o papel secundario das mulleres e a complexidade emocional do retorno a Galicia". Xornal de Lemos. Consultado o 13-10-2019.
- ↑ "'Actrices secundarias' de Clara do Roxo". A Movida. Arquivado dende o orixinal o 18/10/2019. Consultado o 15/5/2019.
- ↑ Redacción. "Clara do Roxo presenta a súa novela "Actrices secundarias" en Detrás do Marco - Vigoe.es". www.vigoe.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13-10-2019. Consultado o 13-10-2019.
- ↑ Nicolás, Ramón (13 sept 2019). "Múller, emigración e silencios". La Voz de Galicia (Fugas, crítica a "Actrices Secundarias"): 10. ISSN 1888-5160.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha da autora na páxina web da Editorial Galaxia Arquivado 23 de maio de 2018 en Wayback Machine.
- Entrevista dos alumnos de Literatura Galega do século XX IES Manuel García Barros.
- Entrevista con Clara do Roxo por Sombras no Ensanche TeleVigo, 18/10/2016, en YouTube.
- Clara do Roxo e Xavier Romero Ed. Elvira por Actrices secundarias TeleVigo, 9/5/2019, en YouTube.