Premio de Relatos Mulleres Progresistas
O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo, subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, con Lucía Molares, Iolanda Veloso e María Xesús Lago como concelleiras[1]
Características
[editar | editar a fonte]O Premio de Relatos Mulleres Progresistas foi convocado por vez primeira vez no ano 2006, vindo substituír o Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo, co obxectivo de animar e fomentar a escrita de narrativa en galego por mulleres.[2] A partir do 2012 mudou no Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas.
O certame, aberto a todas as mulleres de calquera nacionalidade ou cultura, abarcaba tres premios: 1º Premio de 500 Euros, figura e diploma; 2º Premio de 250 Euros e diploma; 3º Premio: 150 Euros e diploma. Os relatos, de tema libre debían ser orixinais e inéditos, escritos en galego normativo, cunha extensión mínima de 15 páxinas e máxima de 30.[3][4]
Obras gañadoras
[editar | editar a fonte]- 2007 (I edición)
- 1º premio: "Mans coma nubes", de Rosa María Llorente Suárez.
- 2º premio: "O soño do peneque", de Pilar Ortega Pereiro
- 2008 (II edición)
- 1º premio: "Miserere", de Fátima Peón Torres
- 2º premio: "Surrealidades", de Clara do Roxo
- 3º premio: "Pel de pataca", de Mar Guerra Cid
- Finalistas: "Renovación", de Josefa de la Esperanza Mandado Estévez, e "Farakha", de María Cristina Pavón Mauriz
- 2009 (III edición)
- 1º premio: "Terapia mnémica", de María Cristina Pavón Mauriz
- 2º premio: "O último abril", de María Xosé Castelao Lestón
- 3º premio: "Tesalónica", de Teresa Barberena Fernández
- Mención especial: "Coherencia", de María Cristina Pavón Mauriz
- 2011 (IV edición)
- 1º premio: "Bonecas", de Beatriz Lorenzo López
- 2º premio: "Ruído branco", de María Cristina Pavón Mauriz
- 3º premio: "O Carteiro", de María Xosé Castelao Lestón
- Mención especial: "Miseria", de Soledad Agra Tunas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Agra Tuñas, Soledad (2011). Obras breves de imaxinación: obras gañadoras do Premio de Relatos "Mulleres Progresistas" 2007-2011. A Coruña: Baía. ISBN 9788499950129. OCLC 796311403.
- ↑ "Obras breves de imaxinación |Baía Edicións | LG3 | O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2019-05-20.
- ↑ "Convocado o IV premio de relatos Mulleres Progresistas | ::Axenda cultural AELG::". axendacultural.aelg.gal. Consultado o 2019-05-20.
- ↑ "IV premio de relatos Mulleres Progresistas . certames.culturagalega.org - O portal da cultura galega". culturagalega.gal. Consultado o 2021-05-09.