Saltar ao contido

Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio de Novela Mulleres Progresistas de Vigo foi un certame literario organizado pola Asociación Mulleres Progresistas de Vigo e subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo con Ana Gandón, María Xosé Porteiro e Maite Fernández de concelleiras[1]. Tiña como obxectivo fomentar as inquedanzas literarias femininas en igualdade de oportunidades para promover a súa participación en diversas manifestacións culturais e sociais, animándoas a escribir en galego, potenciando así a creación literaria.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

O certame, aberto a todas as mulleres de calquera nacionalidade, estaba dotado cun único premio de 1500 euros.[3]As novelas, de tema libre debían ser orixinais e inéditas, escritas en galego normativo, cunha extensión mínima de 150 páxinas[4]

En 2006 decidiuse transformar o certame en Premio de Relatos Mulleres Progresistas para facilitar unha maior participación de escritoras[1]. En 2013 converteuse no Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas.

Obras gañadoras

[editar | editar a fonte]
  • I Edición (1997): O tempo pasado, de María G. Iáñez
  • II Edición (1999): Irse de crápula, de Paula Mª Saavedra Fernández
  • III Edición (2001): Tempos agradables, de Conchi Regueiro.[2] Editado en 2002 por Edicións do Cumio
  • IV Edición (2003): O caderno de bitácora, de María Reimóndez.[5] Editado en 2004 por Edicións Positivas[1]
  • V Edición (2004): deserto
  • VI Edición (2005): deserto

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]