Saltar ao contido

María Reimóndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Reimóndez

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutora, escritora Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía, narrativa, ensaio e teatro
Obra
Obras destacables
Premios

Sitio webmariareimondez.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1626963 Bitraga: 352 AELG: 219 BUSC: reimondez-maria-1975 Dialnet: 1235202

María Reimóndez Meilán, nada en Lugo en 1975, é unha escritora galega, doutora en tradución e interpretación pola Universidade de Vigo.[1] Cultiva tanto a narrativa e a poesía coma o ensaio e o teatro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Entrevista en 2017.

Escribe dende os seis anos, aínda que o seu segundo libro publicado é de 2002 (Moda Galega). Na súa mocidade foi gañadora de varios premios, coma o Rúa Nova ou o Minerva. Tamén colaborou c' O son das buguinas, un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas no Desenvolvemento.

Leva traballando en cooperación desde o ano 1994, cando realizou a súa primeira visita a un proxecto de desenvolvemento na India. Despois de novas visitas, principalmente de formación e participación en diversos proxectos, todos na India, fundou a Organización Non Gobernamental de Cooperación ao Desenvolvemento Implicadas no Desenvolvemento (da que foi presidenta ata o ano 2013) que leva traballando na India desde o ano 1998 e desde 2003 en Etiopía en proxectos de desenvolvemento integral. No terreo María Reimóndez é experta en enfoque de xénero na planificación e avaliación de proxectos de diversa índole, sobre todo de desenvolvemento integral tanto en zonas urbanas como rurais[2]. É tamén consultora da organización alemá Kinder-Not-Hilfe na aplicación da metodoloxía dos grupos de aforro e o enfoque de xénero, e asesora a partir de 2011 no uso desta forma de traballo en Haití tras facer algúns traballos de consultoría en Ruanda[3].

É tamén fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación, sendo ela mesma tradutora e intérprete de profesión, sobre todo de literatura infantil con máis de doce títulos traducidos.

En 2010 foi escritora convidada na Universidade de Bangor (Gales) onde impartiu diferentes conferencias sobre tradución, escrita e literatura. Igualmente realizou estadías na Universidade de Stirling e na Universidade de Múnic e en 2011 foi unha das escritoras admitidas no programa do Instituto Cervantes de Múnic e na casa de escritores Villa Waldberta[4].

Colaborou con artigos de opinión na plataforma dixital Vieiros e no periódico A Nosa Terra, tamén no Xornal de Galicia, ProTexta, Sermos Galiza e Festa da Palabra Silenciada. Ademais, forma parte do grupo de investigación Feminario de Investigación: Feminismos e Resistencias (Teorías e Prácticas) da Universidade de Vigo, onde realiza unha tese sobre a interacción do feminismo, poscolonialismo e a tradución[5].

O 8 de marzo de 2017 resultou gañadora do I Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual, co ensaio Corpos exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure.[6]

Tamén en 2017 gañou o I Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, polo Concello de Vilalba e por Edicións Xerais coa obra Fóra do normal.[7]

E nese mesmo ano gañou en Bueu o vixésimo Premio de poesía Johán Carballeira por Bus en Galicia[8]. En 2023 gañou o Jules Verne de literatura xuvenil coa novela Furia.

Con Eva Mejuto e Manuel Bragado na presentación de "As cousas que non queremos oír", na Libraría Paz de Pontevedra, o 21/03/2018

Narrativa

[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
María Reimóndez na Festa dos Libros de Pontevedra.

Conversas

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]

Dende o inglés

[editar | editar a fonte]

Dende o alemán

[editar | editar a fonte]

Dende o castelán

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  1. "Tesis doctoral de María Reimóndez Meilán". Doctorado en Traducción y Paratraducción (en castelán). 2017-02-16. Consultado o 2017-05-15. 
  2. "María Reimóndez". BVG. 
  3. "María Reimóndez Milán". As Escollas Electivas. Consultado o 31/5/2018. 
  4. "María Reimóndez". aelg.gal. 
  5. Reimóndez, María (29/10/2015). "Teorías e prácticas da tradución feminista e poscolonial no contexto galego : un percorrido pola ideoloxía". www.investigo.biblioteca.uvigo.es (Tese Doutoral). Consultado o 17/4/2018. 
  6. "Premio Xohana Torres". tm.santiagodecompostela.gal. 9/3/2017. 
  7. Sermos Galiza (ed.). "María Reimóndez gaña o I premio Fernández Paz de Narrativa". Arquivado dende o orixinal o 29/01/2018. Consultado o 2/11/2017. 
  8. "María Reimóndez: "Gañar o Johán Carballeira é entrar nun clube moi selecto"". Faro de Vigo. Consultado o 31/5/2018. 
  9. "Il clube della calzetta". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2018. Consultado o 2019-11-10. 
  10. "El club de la calceta". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2018. Consultado o 2019-11-10. 
  11. "Le Club du tricot". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2018. Consultado o 2019-11-10. 
  12. "Pirata". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-10. 
  13. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Consultado o 31/05/2018. 
  14. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 13/04/2021. Consultado o 31/05/2018. 
  15. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 02/06/2020. Consultado o 31/05/2018. 
  16. "Ficha do libro en Xerais". xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 12/09/2019. Consultado o 31/05/2018. 
  17. "A esencia da cidade" (PDF). Edicións Xerais de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de setembro de 2020. Consultado o 19 de xaneiro de 2021. 
  18. "Ficha libro Xerais". xerais.gal. Consultado o 31/05/2018. 
  19. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-09-03. 
  20. "Retorno - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2024-09-17. 
  21. Viñas Romar, Paula (outubro, novembro, decembro, 2023). "Calidoscopio da ira". Grial LXI (240): 78–79. ISSN 0017-4181. 
  22. Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-22. 
  23. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-09-07. 
  24. "Resolución autor máis lido clubs 2019" (PDF). edu.xunta.gal. Consultado o 25/04/2019. 
  25. "María Reimóndez gaña o premio literario Pinto e Maragota con "Cobiza", unha novela de ciencia ficción". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-06-26. 
  26. "Gañadoras da sexta edición dos premios Follas Novas do Libro Galego 2021". Asociación Galega de EDITORAS. 2021-05-15. Consultado o 2021-05-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]