Elizabeth Gaskell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-gb) Elizabeth Cleghorn Stevenson 29 de setembro de 1810 Cheyne Walk, Reino Unido (en) |
Morte | 12 de novembro de 1865 (55 anos) Holybourne House, Reino Unido (en) |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Actividade | |
Ocupación | escritora, novelista, biógrafa |
Período de actividade | 1848 - |
Pseudónimo literario | Cotton Mather Mills |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | William Gaskell |
Fillos | Florence Elizabeth Gaskell |
Pais | Steven William e Elizabeth Holland |
Descrito pola fonte | Concise Literary Encyclopedia (en) , (vol:2) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гаскелл Элизабет) Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Elizabeth Cleghorn Gaskell, nada en Londres o 29 de setembro de 1810 e finada en Hampshire o 12 de novembro de 1865, foi unha novelista e escritora de relatos inglesa durante a época vitoriana. Foi así mesmo autora dunha destacada biografía de Charlotte Brontë. As súas novelas ofrecen un excelente retrato das vidas de moitos sectores sociais, e nalgúns casos foron levadas ao cinema ou á televisión, como sucede coa serie da BBC Cranford. A súa primeira novela, Mary Barton, publicouse en 1848. Algunhas das súas obras máis coñecidas son North and South (1854-1855) e Wives and Daughters (1865).
Unha das súas novelas curtas, A curmá Phillis[1] publicouse en galego en 2022, na tradución dende o inglés de María Reimóndez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Elizabeth Gaskell naceu en 1810 no número 93 de Cheyne Walk, en Chelsea, que daquela aínda era considerado a periferia de Londres. A súa nai, Eliza Holland, proviña dunha familia prominente das Midlands que posuía boas conexións con outras familias unitarias de relevo, coma os Wedgood ou os Darwin. A súa nai feneceu en 1812. O seu pai, William Stevenson, pastor e escritor unitario, volvería casar.
A meirande parte da súa infancia transcorreu en Knutsford (Cheshire), onde vivía coa súa tía, Hannah Lumb. Esta localidade sería inmortalizada na novela Cranford. Alí moraba nunha casa grande de ladrillo, en Heathside (a rúa hoxe chámase Gaskell Avenue), fronte a unha gran zona aberta de Knutsford Heath. Gaskell tamén viviu en Stratford-upon-Avon e no norte de Inglaterra. Así mesmo, durante algún tempo residiu en Newcastle upon Tyne (canda o reverendo William Turner) e mais en Edimburgo.
Con 22 anos, Elizabeth casou con William Gaskell, un pastor da Capela Unitaria de Cross Street, en Manchester, que tiña a súa propia traxectoria literaria. O matrimonio radicouse en Mánchester, onde as proximidades industriais lle brindarían inspiración para algunhas das súas novelas. Os círculos nos que se movían os Gaskell xiraban ao redor de grandes literatos, disidentes relixiosos e reformadores sociais, coma William e Mary Howitt.
Os Gaskell tiveron un primeiro fillo que naceu morto, un segundo varón que morreu de escarlatina e catro fillas que acadaron a idade adulta.
Gaskell faleceu en Holybourne (Hampshire) en 1865 aos 55 anos.
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas[editar | editar a fonte]
|
Novelas curtas[editar | editar a fonte]
|
Relatos[editar | editar a fonte]
|
Non ficción[editar | editar a fonte]
|
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elizabeth Gaskell |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Elizabeth Gaskell na súa lingua orixinal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Gaskell Society (en inglés).