Fátima Peón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Fátima Peón Torres ![]() 7 de xuño de 1985 ![]() Lourizán, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, música, director teatral, política ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Fátima Peón Torres, nada en Lourizán (Pontevedra) o 7 de xuño de 1985, é unha escritora, compositora e directora de teatro galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato en Pontevedra. Desde os 17 anos vive entre Pedre e Madrid. Alí iniciou estudos de xornalismo na Universidade Complutense. É licenciada en Arte Dramática na especialidade de Dirección de Escena e Dramaturxia pola Real Escola de Arte Dramática de Madrid e MBA pola Universidade Antonio de Nebrija.
De nova gañou o certame Ben Veñas, Maio nas modalidades de relato e poesía, amais do Premio Manolo Lado, dous Premios Minerva e o XV Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís. Colaborou na prensa no Faro de Vigo e na radio en Cadena SER. Dirixiu a compañía de teatro Yo/lapeordetodas. Dirixiu as curtametraxes Age of Blindness, Orquestra (2009) e Síndrome Rosalía (2011, premio Curtas para Rosalía). Dende 2018 lidera a banda de música electrónica Chlorine Dreams.[1]
Nas eleccións municipais de 2011 concorreu como candidata independente e cabeza de lista do BNG polo concello de Cerdedo.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]- Sempre nos quedará París (teatro, 2002)
- Trinta de Novembro (narración, 2002)
- Camposanto (novela, 2003). XV Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís.
- Salmo por la escuela número 1 (teatro, 2007)
- Miserere (narración curta, 2008). II Premio de Relatos Mulleres Progresistas.
- Glosario de Resistencia (poesía, 2012)
- O Desexo de Ser Fouciño (poesía, 2024)
Como directora de teatro
[editar | editar a fonte]- Notas de Cocina de Rodrigo García (2006)
- El Montacargas de Harold Pinter (2007)
- Mariposas Nocturnas de Laura Rubio Galletero (2008)
- La Enfermedad de la Juventud de Ferdinand Bruckner (2009)
- Proyecto Bruckner o De Ratas y Artistas[3][4] de Laura Rubio Galletero (2010), obra gañadora da Bolsa Primeira Obra Fundación CaixaGalicia.
Con Chlorine Dreams
[editar | editar a fonte]- Polar Star, single (2018)
- Terraforming, single (2019)
- In the Air Tonight, single (2019)
- A Fucking Stupid Love Song, single (2020)
- Get Ready, single (2020)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Profile". Chlorine Dreams en Twitter (X). Consultado o 2023-12-12.
- ↑ "El BNG presenta una candidatura para "recuperar el tiempo perdido" en Cerdedo", artigo en Faro de Vigo, 21 de abril de 2011.
- ↑ "Proyecto Bruckner o De ratas y artistas". www.contextoteatral.es. Consultado o 2023-12-12.
- ↑ "Proyecto Bruckner". BUSCAUTORES (en castelán). Consultado o 2023-12-12.