Clint Conley
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2021.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Boston, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista |
Membro de | |
Instrumento | Baixo e guitarra |
Selo discográfico | Ace of Hearts Records (en) |
Clint J. Conley é un músico de rock estadounidense procedente de Boston, Massachusetts. É coñecido principalmente por ser o cofundador da banda de post-punk Mission of Burma. Toca o baixo, ocasionalmente a guitarra, e compuxo e canda algunhas das cancións máis coñecidas do grupo, como "That's When I Reach For My Revolver" e "Academy Fight Song".
Mission of Burma estivo activa dende 1979 ata 1983 tendo un éxito moi limitado, pero co paso dos anos a súa reputación medrou ata ser considerada unha das bandas máis influentes do post-punk estadounidense. Cando o grupo se separou, Conley retirouse da música durante unha década, tempo durante o cal fixo un máster en xornalismo televisivo e traballou de produtor nunha televisión de Boston. Porén, no ano 1986 produciu o álbum de estrea de Yo La Tengo, Ride the Tiger.
No ano 2001 Conley formou un novo grupo, Consonant, tocando principalmente a guitarra. A banda editou dous álbums, e o feito de tocar nese novo grupo fixo que se fixese máis atractiva a idea de regresar coa súa vella banda.
En 2002 Conley reuniuse con Roger Miller e Peter Prescott, con Bob Weston de Shellac substituíndo ao membro orixinal Martin Swope. Mission of Burma comezou novamente a xirar e a gravar e dende entón editaron tres álbums.