Club Deportivo Pontellas
Pontellas | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Pontellas | ||
Fundación | 1962 | ||
Estadio | San Campio, Centeáns, O Porriño, Galicia | ||
Capacidade | 1500 | ||
Presidente | Marta Costas Cabaleiro | ||
Adestrador | Jose Curiel | ||
Liga | Preferente | ||
2020/21 | 12º | ||
Patrocinador | [1] | ||
Na rede | |||
| |||
O Club Deportivo Pontellas é un club galego de fútbol que naceu en 1962 na parroquia porriñesa de Pontellas. Na actualidade xoga no Grupo Sur da Preferente Galicia.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O club fundouno en 1962 Aníbal Domínguez, un emigrante retornado do Brasil. A súa afección polo Fútbol Club Barcelona levou a vestir o Pontellas coas mesmas cores có equipo catalán. Comeza a competir no ano 1969 na segunda comarcal de Vigo e debuta na Preferente na tempada 1995-96.
Na tempada 2018/19 proclamouse campión da Preferente por primeira vez na súa historia, conseguindo o ascenso a Terceira División cun dos orzamentos máis baixos da categoría.[3] Esa primeira posición valeulle tamén para xogar por primeira vez na súa historia a Copa do Rei. O novo formato da competición permitiulle xogar a rolda previa interterritorial, na que foi eliminado polo Tolosa CF (1-0).[4]
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 0
- Tempadas en 3ª: 2
- Tempadas en Preferente Autonómica: 20
Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Preferente Galicia (1): 2018/19
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Camisola suplente[Ligazón morta]
- ↑ "Terceira División de España". Consultado o 15 de Nadal de 2019.
- ↑ "El Pontellas asciende a tercera, el milagro de una parroquia". 5 de maio de 2019. Consultado o 28 de decembro de 2019.
- ↑ "El Pontellas rompe su sueño en el área rival". 13 de novembro de 2019. Consultado o 28 de decembro de 2019.