Club Natación Pabellón Ourense
Club Natación Pabellón Ourense | |
---|---|
Tipo | club deportivo |
Deporte | natación e tríatlon |
Data de fundación | 1971 |
Sede | Pavillón dos Remedios |
País | Galicia |
Na rede | |
https://cnpourense.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Club Natación Pabellón Ourense (CNPO) é un club deportivo galego con base na cidade de Ourense no que se practica a natación e o tríatlon.[1] O club creouse no 1971[2] e ten base no Pavillón dos Remedios, que conta coa piscina olímpica Rosario Dueñas e coa piscina Pedreo Escudero. O CNPO organiza cada ano dende o 1972 o Trofeo Pedro Escudero, o torneo de natación máis antigo de Galicia[3] e un dos grandes clásicos do calendario polideportivo autonómico no que compiten nadadores galegos e portugueses. [4]
Logros[editar | editar a fonte]
O club foi representado por deportistas internacionais como a olímpica Paula Carballido, Jose M. Regueiro, Alberto Taboada, Iria Álvarez, Marcos Vila, Daniel Caamaño, Laura Pimentel, David Dacuña, Joaquín Abascal, Yago López, Santiago Castellanos ou Aitor Grande.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Club Natación Pabellón Ourense" (en castelán). Consultado o 2023-08-26.
- ↑ 2,0 2,1 "Destacados/as – Club Natación Pabellón Ourense" (en castelán). Consultado o 2023-08-26.
- ↑ "El trofeo Pedro Escudero reúne a algunos de los mejores nadadores gallegos y lusos con 350 participantes". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-06-16. Consultado o 2023-08-26.
- ↑ Región, La (2022-06-17). "El Trofeo Pedro Escudero vive sus bodas de oro". La Región (en castelán). Consultado o 2023-08-26.