Saltar ao contido

Club Universitario de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club Universitario de Ferrol
Información xeral
Liga Liga española de baloncesto feminino
Fundación 1997
Presidente Santiago Rey Cancela
Adestrador Lino López
Localización
Cidade Galicia Ferrol
Pavillón Pavillón Municipal da Malata, (Ferrol) (4500)
Capacidade 4000 espectadores
www.uniferrol.com

O Club Universitario de Ferrol, na actualidade coñecido como Baxi Ferrol por motivos publicitarios, é un equipo de baloncesto de Ferrol. Foi fundado en 1997, e milita na liga Feminina. Xoga os seus partidos como local no pavillón municipal da Malata.

Debut europeo

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2024-25 o equipo debutou en competición europea ao clasificarse para a Eurocup Women. O equipo ferrolán debutou o 9 de outubro no Pavillón Municipal da Malata ante o Galatasaray turco, un dos equipos candidatos a chegar ás fases finais da competición, ante 1 500 persoas nas bancadas. As xogadoras de Lino López acabaron caendo por 66-83, nun partido no que foron por diante no marcador durante moitos minutos, con todo, o esforzo defensivo do equipo nos tres primeiros cuartos acabou por condicionar o partido do cadro galego, que chegou sen forzas aos minutos finais.[1] Finalmente o Baxi Ferrol conseguiu a clasificación para os play-offs na penúltima xornada da fases regular logo de derrotar o KP Brno (79-59) en Ferrol.[2] Logo de cinco vitorias e unha derrota nos play-off pasaron ás roldas eliminatorias, e enfrontáronse en semifinanis ao LDLC ASVEL Féminin tras superaren o Castors Braine, o DVTK Hun-Therm e o BDS Dinamo Sassari.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto Postempada
2001–02 Liga Feminina 2 15
2002–03 Liga Feminina 2 17
2003–04 Liga Feminina 2 9
2004–05 Liga Feminina 2 5 Ascenso
2005–06 Liga Feminina 14/14 Descenso
2006–07 Liga Feminina 2 7
2007–08 Liga Feminina 2 19
2008–09 Liga Feminina 2 8
2009–10 Liga Feminina 2 15
2010–11 Liga Feminina 2 11
2011–12 Liga Feminina 2 9
2012–13 Liga Feminina 2 6
2013–14 Liga Feminina 2 5 Ascenso
2014–15 Liga Feminina 11/14
2015–16 Liga Feminina 11/14
2016–17 Liga Feminina 3/14
2017–18 Liga Feminina 4/14
2018–19 Liga Feminina 14/14 Descenso
2019–20 Liga Feminina 2 2
2020–21 Liga Feminina 2 1 Ascenso
2021–22 Liga Feminina 16/16 Descenso
2022–23 Liga Feminina Challenge 1 Ascenso
2023–24 Liga Feminina 8/16

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Valencia, José (10 de outubro de 2024). "El Baxi Ferrol planta cara al Galatasaray en su debut en la Eurocup Women (66-83)". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2024. 
  2. de la Barrera, Elba (21 de novembro de 2024). "El Baxi pisa fuerte ante el Brno (79-59) y sella una clasificación histórica en Europa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2024.