Saltar ao contido

Pavillón Polideportivo A Malata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavillón Polideportivo A Malata
Encontro amigable de fútbol sala masculino España - Hungría
Tipopavillón deportivo Editar o valor en Wikidata
Uso(s)fútbol sala, baloncesto
Edificio adxacentefútbol sala, baloncesto
Localización
LocalizaciónA Malata (Serantes)
Mapa
 43°29′38″N 8°14′49″O / 43.494, -8.247
Construción
Inauguración1986
Dimensións
Capacidade5.000 Editar o valor en Wikidata
Tipo superficieparquet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Implicados
Propietario(s)Concello de Ferrol
Ocupante(s)O'Parrulo FS, OAR Ferrol e Club Universitario de Ferrol Editar o valor en Wikidata
Deporte
Deportebaloncesto, fútbol sala, balonmán e ximnasia rítmica Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Pavillón Polideportivo A Malata é un recinto deportivo cuberto sito na Malata (Serantes, no concello de Ferrol), que se dedica á práctica do baloncesto e do fútbol sala. Nel xoga os seus encontros como local o O Parrulo FS, e tamén foi o fogar do desaparecido OAR Ferrol. A capacidade das bancadas é de 4200 persoas, que se reparten en dúas tribunas laterais, xa que o pavillón non ten bancadas de fondo.

Campionato mundial de baloncesto 1986

[editar | editar a fonte]

Inaugurado en 1986, o pavillón foi elixido ese mesmo ano para ser unha das 7 sedes que acolleron o Mundial de baloncesto 1986. Na Malata xogáronse tódolos encontros do Grupo B durante a primeira fase, entre as seleccións de Cuba, Israel, Australia, Angola, Uruguai e a Unión Soviética, que finalmente foi subcampioa do mundo.

Outros eventos

[editar | editar a fonte]

Nos seguintes anos o pavillón acolleu ducias de encontros do OAR Ferrol na Liga ACB, e do O Parrulo FS na Primeira División da LNFS.

Na primeira semana de decembro de 2008 disputouse na Malata o campionato de España de tenis. A final xogouse o 7 de decembro, e nela enfrontáronse Fernando Verdasco e Tommy Robredo, con vitoria do segundo.

En agosto de 2024 acolleu un encontro amigable de fútbol sala entre as seleccións de España e Hungría.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]