Saltar ao contido

Club de Futbol Peralada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peralada
NomeClub de Futbol Peralada
Alcume(s)Els xampanyers
Fundación1915
EstadioMunicipal de Peralada,
Peralada, Xirona, España
Capacidade1.500
PresidenteEspaña Josep Iserm
AdestradorEspaña Xavier Punsi
LigaSegunda División B
2017–18
Na rede
https://www.cfperalada.cat/
Titular
Alternativo

O Club de Futbol Peralada é un club de fútbol catalán do concello de Peralada, na provincia de Xirona. Foi fundado en 1915 e actualmente xoga na Segunda División B Española. De 2017 a 2019 foi o filial do Girona Futbol Club.

Foi fundado en 1915 por un grupo de xoves da vila e comezou a disputar partidos amigables contra equipos de localidades veciñas. En 1936 creouse oficialmente como Club Deportiu Peralada e xogaba os seus partidos no campo de Miquel Pujol. Durante a guerra civil española parou a actividade do club ata 1950, cando se inscribiu na Federación. Un ano máis tarde inaugurouse o Campo de Cal Músic.

En 1981 o concello comprou uns terreos na estrada de Garriguella para construír unha nova zona deportiva municipal. Ata a actualidade, é o campo onde o CF Peralada xoga os seus partidos como local. Nese mesmo ano o equipo conseguiu o ascenso a Segunda Rexional.

Na tempada 1988-89, a familia Suqué-Mateu, propietaria do castelo de Peralada, comezou a patrocinar o club. Esta nova situación permitiu acabar as obras do novo estadio, inaugurado en 1992. En 1995, o club conseguiu, por primeira vez, o ascenso a Primeira Rexional e no ano seguinte subiu a Rexional Preferente. Na tempada 1997-98 o equipo ascendeu a Primera Catalana.

En 2002 conseguiu o ascenso a Terceira División, categoría na que se mantivo durante cinco tempadas consecutivas. En 2004, despois de eliminar a Sabadell e Terrassa, chegou ás semifinais da Copa Catalunya, nas que foi eliminado polo FC Barcelona.

No foi ata a tempada 2013-14 cando conseguiu volver a Terceira División. No verán de 2016 firmou un acordo de fililación co Girona FC para cinco tempadas.

Na tempada 2016-17 acabou en segunda posición e xogou o play-off de ascenso a Segunda B. Tras superar as dúas primeiras fases, na terceira e definitiva foi eliminado polo Rápido de Bouzas, que ascendeu de categoría. Non obstante, o equipo ascendeu a Segunda B despois de comprar a praza do CF Gavà, que foi descendido administrativamente, por 133.000 euros.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 2
  • Tempadas en : 8

Historial por tempadas

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
1928-1970 Rexional
1970/71 2ª Rexional 12º
1971/72 2ª Rexional 12º
1972/73 2ª Rexional
1973/74 2ª Rexional 16º
1974/75 2ª Rexional 14º
1975/76 2ª Rexional 14º
1976/77 2ª Rexional 15º
1977/78 2ª Rexional 15º
1978/79 2ª Rexional 16º
1979/80 2ª Rexional 18º
1980/8 3ª Rexional
1981/82 3ª Rexional
Tempada Categoría Posto
1982/83 2ª Rexional 11º
1983/84 2ª Rexional
1984/85 1ª Rexional 10º
1985/86 1ª Rexional 18º
1986/87 2ª Rexional 15º
1987/88 2ª Rexional 10º
1988/89 2ª Rexional 15º
1989/90 2ª Rexional 12º
1990/91 2ª Rexional
1991/92 2ª Rexional 16º
1992/93 2ª Rexional 11º
1993/94 2ª Rexional
1994/95 2ª Rexional
Tempada Categoría Posto
1995/96 1ª Rexional 10º
1996/97 1ª Rexional
1997/98 1ª Catalana 13º
1998/99 1ª Catalana 11º
1999/00 1ª Catalana
2000/01 1ª Catalana
2001/02 1ª Catalana
2002/03 12º
2003/04 17º
2004/05
2005/06
2006/07 19º
Tempada Categoría Posto
2007/08 1ª Catalana 13º
2008/09 1ª Catalana 13º
2009/10 1ª Catalana 15º
2010/11 1ª Catalana
2011/12 1ª Catalana 13º
2012/13 1ª Catalana.
2013/14 1ª Catalana
2014/15 12º
2015/16 14º
2016/17
2017/18 2ªB
2018/19 2ªB

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]