Clube de Montaña Xistra
Clube de Montaña Xistra | |
---|---|
Tipo | asociación deportiva |
Deporte | montañismo |
Data de fundación | 1991 |
Sede | Vigo |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Clube de Montaña Xistra é unha asociación deportiva con sede en Vigo e sen ánimo de lucro dedicada ó montañismo e outras actividades relacionadas coa natureza como o alpinismo, sendeirismo, escalada, esquí alpino, esquí de montaña e de fondo, descenso de canóns, marchas de 50 km, carreiras por montaña etc. Fundado no ano 1991, fomenta as actividades deportivas relacionadas coa montaña e a natureza, participando activamente nas actividades federativas.
Fins do club
[editar | editar a fonte]Segundo os seus estatutos o Clube de Montaña Xistra ten os seguintes fins:
- Fomentar a práctica de deportes ou actividades de montaña en tódalas súas modalidades.
- Organizar actividades como campamentos, cursos, charlas, expedicións, campionatos etc.
- Favorecer o coidado e a protección do medio natural mediante diversas actividades.
- Promover actividades especialmente dedicadas á xente nova e tamén ás persoas maiores.
- Implicarse na defensa do acceso libre as zonas naturais en xeral e en especial as zonas de montaña sen máis limitacións que as propias da conservación destes territorios.
Historia
[editar | editar a fonte]O club xurdiu no 1991 con montañeiros procedentes das entidades Club Montañeiros Celtas e Club Peña Trevinca - Montañeiros de Galicia, e dende entón ten adquirido sona pola súa implicación deportiva no deporte federado e polos éxitos deportivos dalgúns dos seus federados. Os membros do club, ó longo da súa de existencia, teñen acadado cumios de especial relevancia en Europa, América, Asia e África.
Na Asemblea Xeral da Federación Galega de Montañismo, celebrada o día 16/03/2013, outórgaselle o galardón de Mellor Club de Galicia 2012, polos méritos acadados. Igualmente, na Asemblea do 11/04/2015, recibiu o premio do Mellor Club de Galicia 2014. Novamente acadou o mesmo premio correspondente ó ano 2015.
Instalacións e servizos do club
[editar | editar a fonte]A sociedade goza dun local social e un almacén en préstamo, nos que realizan as actividades sociais e serve de almacén de material deportivo etc.
O club está inscrito na Federación Galega de Montañismo polo que goza das vantaxes dos refuxios en Trevinca, Courel, Xurés e Peña Ubiña.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Clube de Montaña Xistra
- Páxina oficial da Federación Galega de Montañismo Arquivado 25 de outubro de 2012 en Wayback Machine.