Clyfford Still
Nome orixinal | (en) Clyfford Elmer Still |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de novembro de 1904 Grandin, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 23 de xuño de 1980 (75 anos) Baltimore, Estados Unidos de América |
Educación | Spokane University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura |
Lugar de traballo | San Francisco Saratoga Springs (pt) Nova York Richmond |
Ocupación | pintor, gravador |
Membro de | |
Xénero artístico | Arte abstracta |
Movemento | Expresionismo abstracto |
Alumnos | Jess Collins |
Influencias | |
Representante | Artists Rights Society |
Participou en | |
11 de xullo de 1959 | Documenta II (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Sitio web | clyffordstill.net |
Clyfford Still, nado o 30 de novembro de 1904 e finado o 23 de xuño de 1980, foi un artista estadounidense, un pintor, e ademais foi unha figura destacada do expresionismo abstracto.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade de Grandin, Dacota do Norte, Estados Unidos. A fináis da década de 1920 e a comezos da década de 1930, Still estudou na Universidade de Spokane, en Washington, graduándose en arte no 1933. Ensinou no Centro de Arte de Spokane durante a gran depresión e na Universidade do Estado de Washington.
Despois de traballar en California entre 1941 e 1943, Still tivo a súa primeira exhibición en 1943 no Museo de Arte Moderna de San Francisco. Uns anos despois coñeceu a Mark Rothko e tivo outra exhibición. En 1946 obtivo un traballo na Escola de Belas Artes de California, en San Francisco, pero volveu a Nova York en 1950.